Rueda, "indignado", asegura que tiña un preacordo con catro dos sete sindicatos para finalizar a folga na Xustiza

Segundo o vicepresidente da Xunta, SPJ-USO, UXT, CSIF e CC.OO. terían achegado posturas para finalizar o paro indefinido. Porén, a realidade é que o comité de folga, no que ademais están STAJ, CIG e Alternativas na Xustiza-CUT, volveu dicir "non" á proposta do Goberno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2018 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

Máis de dous meses despois do inicio da primeira folga indefinida da Xustiza en Galicia, cando os xuízos e trámites xurídicos suspendidos súmanse por miles, a nova reunión celebrada este mércores entre Xunta e sindicatos do sector xudicial non só non permitiu achar unha saída, senón que recruou o conflito.

O conselleiro Rueda, no medio, xunto ao director de Xustiza
O conselleiro Rueda, no medio, xunto ao director de Xustiza | Fonte: Europa Press

Tanto é así que, ao termo do encontro, un "perplexo" e "indignado" vicepresidente, Alfonso Rueda, compareceu ante os medios de comunicación e revelou, segundo el, que había un preacordo con catro dos sete sindicatos —SPJ-USO, UXT, CSIF e CC.OO.— para que a folga acabase esta mesma xornada.

Dito acordo, entre outras cuestións volvía elevar a suba salarial para os funcionarios da Xustiza e incorporaba un plan de recuperación de traballo na contorna "do 80 por cento". Pero o comité de folga, no que ademais deste catro sindicatos, están STAJ, CIG e Alternativas na Xustiza-CUT volveu dicir "non".

Nesta conxuntura, Rueda subliñou que comparecía persoalmente, xunto ao resto de negociadores da Xunta, para constatar que esta oferta "xa perdeu a súa validez" unha vez que o acordo non se pechou, e avanzou que "non vai haber ningunha suba máis". "Isto non é ningunha poxa, nin un xogo de nenos", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Justice

Cal era o prezo do preacordo, ergo dos nosso dereitos, señores de UGT e CCOO?

1 Ramiro

Se está indignado que acampe no Obradoiro. E, de paso, que ensine o preacordo asinado cos sindicatos. NON EXISTE. Polo tanto, dimisión.