Temas: ANA PASTOR ETA

O BNG celebra a declaración de ETA e pide ao PP que non caia en "tentacións partidistas"

A portavoz nacional Ana Pontón mostrou a súa satisfacción pola declaración feita pública este venres pola banda terrorista ETA. "O final de ETA é o que esperamos todos os demócratas desde hai anos", remarcou a líder nacionalista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2018 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mostrou a súa satisfacción pola declaración feita pública este venres pola banda terrorista ETA. "O final de ETA é o que esperamos todos os demócratas desde hai anos", remarcou a líder nacionalista.

Ana Pontón, do BNG
Ana Pontón, do BNG

Pontón fixo estas declaracións este venres nun acto en Monforte de Lemos. Alí respondeu a preguntas dos medios referíndose ao comunicado de ETA no que a banda fai mención ao dano causado durante os seus anos de actividade terrorista.

A líder frontista cre que se están "dando pasos positivos" cara ao "fin de ETA", á vez que instou ao PP "a estar á altura do reto" que se "abre" e, deste xeito, aparque as "tentacións partidistas neste sentido".

"Todos e todas as demócratas congratulámonos do fin da violencia en Euskadi. A sociedade vasca xa deu pasos sólidos nesa direccion e superou e deixou atrás o que significou o terrorismo de ETA. É unha boa noticia da que todos nos deberiamos alegrar", concluíu Pontón.

Temas: ANA PASTOR ETA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta