Ferido un cidadán portugués ao sufrir unha caída mentres practicaba parapente en Baltar (Ourense)

Un home de nacionalidade portuguesa resultou ferido na mañá deste mércores ao sufrir unha caída mentres practicaba parapente no concello ourensán de Baltar.

OURENSE | 25/04/2018 | Actualizada ás 13:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de nacionalidade portuguesa resultou ferido na mañá deste mércores ao sufrir unha caída mentres practicaba parapente no concello ourensán de Baltar.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, a caída produciuse pasadas as 11,00 horas deste mércores nunha zona de monte situada en San Bartolomeu.

Pese ao impacto, o home estivo en todo momento consciente, aínda que recibiu un forte golpe nas costas, concretaron as mesmas fontes de emerxencias.

Así, após os primeiros auxilios por parte de persoal do 061, que enviou un médico e unha ambulancia asistencial, o ferido foi evacuado, por petición propia, até o límite con Portugal, onde esperaba outra ambulancia para o seu traslado a un centro hospitalario do país veciño.

Ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias, o persoal do 112 avisou do suceso aos Bombeiros de Xinzo, que acudiron ao lugar do accidente, aínda que descartaron intervir cando comprobaron que o home estaba accesible.

Este operativo activouse após recibir no CIAE 112 Galicia a chamada dun particular que alertou da caída do parapentista e da necesidade de contar con asistencia médica urxentemente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta