Os fiscais tamén anuncian paros e unha folga para mellorar a súa situación laboral

Este xoves realizarán un paro dunha hora en distintas sedes xudiciais de Galicia e o día 4 de maio haberá folga.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2018 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

Os fiscais de Galicia intensifican as sús protestas para reclamar mellores condicións laborais. Unhas reclamacións que se unen as dos funcionarios de xustiza que levan xa case dous meses e medio de folga.  Por iso, este xoves realizarán un paro dunha hora en numerosas sedes xudiciais do país e anuncian tamén novos paros dunha hora os días 26 de abril, 3, 10 e 17 de maio. Para o 4 de maio está convocada, ademais, unha xornada de folga

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

Os fiscais non só piden o "impulso inmediato" da modificación da Lei Orgánica do Poder Xudicial para a recuperación dos permisos e medidas de conciliación da carreira xudicial e fiscal; senón a retirada desas 50 emendas que "coartan o exercicio da función xudicial e baleiran certas competencias ao órgano de goberno dos xuíces".

Tamén esixen a presentación dun proxecto ou proposición para a reforma desta lei no que respecta ao Consello Xeral do Poder Xudicial para garantir que a elección dos seus vogais sexa directamente polos xuíces e maxistrados e que se asegure "a igualdade de xénero e a representatividade".

Nunha protesta convocada hai unha semana, e na que tamén participaron xuíces, reclamaron ao Ministerio de Xustiza un plan de investimento "suficiente e prolongado" para convocar polo menos 300 prazas co fin de incrementar a planta xudicial e fiscal e poder equiparala á media europea. Tamén, piden a convocatoria "inmediata e formal" da Mesa de Retribucións co obxectivo de recuperar o nivel salarial perdido en 2010 e adecuar a retribución á responsabilidade inherente á función.

Con respecto ao Ministerio Público, interésase que se derrogue o sistema de prazos máximos de instrución mentres non se dote dos medios necesarios ao efecto; o reforzo da independencia da Fiscalía e a súa autonomía orzamentaria, así como que sexa a propia Fiscalía Xeral do Estado quen forme aos seus integrantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta