Folga da xustiza: A Xunta aplica a vella estratexia do "divide e vencerás"

Feijóo sobre o acordo con catro sindicatos: “Os outros tres quedaron retratados e están a intereses políticos”. Agarda que a ruptura da unidade sindical sirva para asinar xa un acordo cos funcionarios e di que “será leal” á hora de cumprir os acordos cos sindicatos asinantes. Advirte aos outros e aos partidos da oposición de facer “política” con este conflito.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2018 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A Xunta sae, virtualmente, gañadora do longo conflicto da xustiza despois de máis de dous meses de folga. Utilizando a vella estratexia do "divide e vencerás", conseguiu romper a unidade sindical e enfrontar aos propios traballadores. De feito, o  presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitouse este xoves polo preacordo ao que chegou o seu goberno con catro dos sindicatos da Xustiza -- SPJ-USO, UGT, CC.OO. e CSIF -- e cargou durante contra os outros tres --Alternativa na Xustiza-CUT, CIG e STAJ-- aos que acusou de traballar con “intereses políticos”. E advertiu: “Que sigan que quedaron retratados”.

Folga xustiza queima de nóminas
Folga xustiza queima de nóminas

Ademais, foi máis alá ao vinculalos directamente con grupos da oposición e de facer “política” con este conflicto. Un argumento que leva utilizando xa desde o comezo da folga. “Hai partidos políticos que están actuando para danar á Xunta e sindicatos que están máis aos seus intereses e aos destes partidos que en axudar aos traballadores”, criticou en clara alusión a En Marea, PSdeG e BNG.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo saudou o preacordo acadado para tentar, dixo, “volver ao sentido común” e centrarse “nos problemas laborais” dos funcionarios de xustiza e non “noutras custións ques teñen que ver máis cos partidos da oposición”.

Con todo, amosouse prudente sobre o acordado e fixo un chamamento aos funcionarios a que apoien este acordo porque “será positivo para eles e para os cidadáns” e porque, insistiu, “van experimentar melloras”. “Seremos leais con todo o que poña nese acordo e non nos imos volver atrás”, destacou. 

DIVISIÓN

Con esta postura dos catro sindicatos, que terá que ser sometida á valoración das asembleas dos traballadoras, a folga indefinida desde o pasado 7 de febreiro dá unha volta e rompe a unidade que había ata o de agora. Mesmo á saída da reunión houbo enfrontamentos verbais entre sindicatos. De feito, os tres que non asinaron acusan ao resto de sindicalistas de "negociar por detrás" e de traizoar aos traballadores.

Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo no Consello da Xunta
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo no Consello da Xunta | Fonte: Xunta.

O goberno galego ofrecera 140 euros máis para médicos forenses, 135 para xestores, 127 para tramitadores e 122 para os auxilios. Isto aplicaríase en tres anualidades. Mentres os sindicatos que non aceptaron seguían defendendo 140 euros liñais ao mesm para todos os corpos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 Undopobo

O que pasa é que aos da CIGA, a CUT e aos do STAJ non lles ía valer acordo ningún. O que eles pretendían era utilizar esa folga para logo convocar unha folga xeral en Galicia contra o PP, utilizando aos traballadores e aos cidadáns galegos coma se fosen rehéns da súas demandas. O súa faciana feixista e intolerante demóstrase cando insultan aos outros sindicatos que non se dobregan ante eles. Os danos aos cidadáns galegos impórtanlle pouco. O importante é a algarada, o conflito social e a mobilización política dos nazionalistas de esquerdas (de dereitas en Galicia non hai...afortunadamente claro).

1 afjy

Calcadiño ao discurso de vóso señor e presi. A quen lle importan pouco os cidadáns e a iles que os desprezan día a día , e logo pasanlle o brazo polo ombreiro cando hay eleccións. Sabes moi pouco do que se coce na adm. de Xustiza.

2 O capador

O PP está a facelo tan ben (despois de gobernar casi sempre) que en lugar de estar cerca dos 3.500.000 habitantes como se prevía nos anos 80 está a punto de perder os 2.700.000 ( só se superan en 90 habitantes, que probablemente entre nacementos/defuncións ocorra en 2 ou tres meses, incluso menos). Aquí os únicos feixistas que houbo e hai sabemos ben onde están, incluso denunciaban veciños e amigos naqueles tempos, que tiveron un triste final. Nazis eran os alemáns e os seus amigos e aliados franquistas. Os danos aos cidadáns galegos quen os provoca é quen goberna, como en todos os sitios do mundo. E dan lugar a arrastrados coma ti para máis inri.

3 Fer

Nazionalistas, de dereitas, na Galiza sodes a maioría. Acontece que para ti iso é o natural: ser nacionalista españolista de dereitas. Padeces unha patoloxía extrema cando coidas que a túa ideoloxía, medos, odios e fobias teñen carta de natureza, e as dos "outros" son desviacións da norma. A herdanza do fascismo está reflexada do outro lado do espello, só hai que querer vela na túa propia cara! Unha cara moi dura, de cínico defensor da mafia corrupta... Ou un simple provocador para captar audiencia no xornalciño.

5 panxhis

Feijoo nótase crispado o ter que decidir entre darlle o seu os traballadores ou os intereses egoístas do seu partido.

4 ca7b

E a derrrota de todos vós tamen. A patronal con tácticas da mafia, extorsiona, afoga e ameaza e por fin, merca a voluntad dos representante dos traballadores. ...nun eido o da xustiza, que dende que fomos transferidos non se prestou intererese nengún. como total os nosos cartos veñenlle transferidos...fai o que quere con eles como pagar enchentas ... O atasco ,a falla de de persoal, medios en fin.. continuará ainda pior....a patronal privada tomara conta da negociación pra vindeiros conflictos e o resto dos funcionarios xa está avisado..

3 CCOO UGT politicuchos

Chamarlle sindicatos a CCOO e UGT e unha falta de respecto os traballadores. Moito sindicalista xa se creen políticos. Resumen da reunión ,señores de CCOO e UGT ou firman o acordó ou retiramoslle as subencions. Os sindicatos de verdade non reciben subencions do estado e viven dos seis afiliados

2 Galegus

Me gustaría que se hiciera una encuesta para saber con quien está la mayoría de los gallegos en este lamentable asunto de chantaje sindical. ¿Con Feijóo o con Valeiras y demás sindicaleiros? No sé porque me da que Feijóo arrasaba.

1 Alén

A meirande parte dos galegos non ten nin idea do que reivindican os funcionarios de Xustiza e tampuco sería unha enquisa democrática pola constante manipulación dos medios que paga o xunta e que teledirixe a opinión.

2 Alén

A meirande parte dos galegos non ten nin idea do que reivindican os funcionarios de Xustiza e tampouco sería una enquisa democrática pola constante manipulación que fan do tema os medios subvencionados pola xunta que telediirixen a opinión pública

3 Xan Fernández

Alén: Hai moito tempo que se lles pediu aos sindicalistas de Xustiza que ensinasen as súas nóminas e contásen os seus horarios REAIS de traballo para poder opinar. Seguimos esperando.