A Xunta segue coa adxudicación de parques eólicos con tres novos en Bergantiños

Afectarán aos concellos de Santa Comba e Coristanco e sumarán 104 megawatios e 127 millóns de investimento. Afectarán a zonas paisaxísticas.

Por Galicia Confidencial | Coristanco | 27/04/2018 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

A Xunta acaba de aprobar 3 novos proxectos eólicos que se suman aos 21 anunciados esta mesma semana polo conselleiro de Industria. En concreto, trátase dos parques eólicos Bustelo, Monte Toural e Campelo, todos localizados na provincia da Coruña e promovidos por Greenalia. 

Parque eólico de Malpica
Parque eólico de Malpica

O primeiro, situado nos concellos de Coristanco e Carballo, contará con 11 aeroxeradores e unha potencia de 46,2MW. Os outros dous proxectos declarados de interese especial situaranse nos concellos de Santa Comba e Coristanco: o parque eólico Monte Toural disporá de 5 aeroxeradores e unha potencia de 21MW; mentres que o de Campelo terá 11 aeroxeradores e 42MW de potencia. Algún deles estará nunha zona de relevancia paisaxística.

Segundo informou a Consellería de Economía, Emprego e Industria, estes tres proxectos, xunto a súa infraestrutura de evacuación, alcanzan un investimento asociado de 127 millóns de euros e suman 109MW. "O desenvolvemento das tres iniciativas permitirá a creación de case 1100 postos de traballo durante a súa execución e máis de 30 empregos durante o seu funcionamento e o canon eólico xerado será de máis de 3 millóns de euros durante toda a súa explotación", defende a Xunta

NOVA LEI

A declaración de interese especial destes proxectos é unha figura que introduce a Lei de implantación empresarial, unha lei que está sendo moi criticada por colectivos e grupos da oposición, xa que permite a tramitación prioritaria destas actuacións, así como a redución á metade dos prazos necesarios para obter as autorizacións preceptivas para a construción dos parques. 

O obxectivo da Xunta é volver converterr a Galicia nun paraíso para as eólicas e que aquí se executen proxectos de enerxías renovables no marco das poxas do Estado, tendo en conta que deben estar en funcionamento antes do 1 de xaneiro de 2020. Os tres parques sumaranse aos 160 que están en funcionamento na nosa Comunidade con máis de 3300 MW. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pepe ladroecio

o PPepeiro esta subindo o tarifazo eléctrico nestes anos fixeron o que lles daba a gaña as grandes empresas expañolentas HIPERTOLA, MANGACIO, PENOSA, CHUCHURRELA, ELECTROLITOS UNIDOS, JODESA e outras trangalladas para non vivir - video do marijuano Rajoy fodendo a democracia do pobo - https://www.youtube.com/watch?v=VtG...