Temas: MEDIO RURAL

Segue aberta a operación contra o comercio ilegal de gando vacún

A operación pola que o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil deu por desarticuladas dúas tramas delituosas que levaban a cabo transaccións de gando vacún incumprindo a normativa vixente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2018 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Segundo informou a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez,un dos 12 detidos é galego.O departamento que dirixe Ángeles Vázquez levaba "tempo colaborando" nesta operación, na que se procedeu á detención e investigación de 12 persoas aos que se lles imputan os supostos delitos de estafa, contrabando, falsidade documental e organización criminal.

Ángeles Vázquez
Ángeles Vázquez

Medio Rural, pola súa banda, "facilitou todos os datos" que tiña ao seu alcance, segundo explicou a conselleira, "á espera" de que Seprona e Delegación do Goberno lle trasladen "o resto da información"."Temos claro que en Galicia perseguimos un fin que é o cumprimento da legalidade en distintos campos: por unha banda a sanidade do noso gando e iso repercute na saúde pública", expuxo. Neste sentido, sinalou que "todo tipo de prácticas que non leve estar dentro da lei son condenadas" e deben ser perseguidas. "E esa é a liña que temos que seguir", resolveu.

Temas: MEDIO RURAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta