Todo listo para o lanzamento da sonda espacial galega Marumasat III

A Axencia Espacial Escolar Galega finaliza con éxito as probas desta terceira misión, que será lanzada este luns 7 de maio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/05/2018 | Actualizada ás 09:36

Comparte esta noticia

NOSA, a Axencia Espacial Escolar Galega, xa está lista para o lanzamento da súa terceira misión. As probas da sonda espacial MarumaSat III realizáronse con éxito este 2 de maio, nas instalacións do IES Maruxa Mallo de Ordes, centro ao que se suman o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o IES Miraflores de Oleiros, todos eles compoñentes de NOSA.

Sonda MarumaSat III
Sonda MarumaSat III | Fonte: NOSA

A solta do globo de helio está prevista para este luns 7 de maio, ás 12.00 horas, co permiso de AENA, para levar a cabo a misión 'Niño no faro', tratando de obter imaxes estratosféricas a máis de 35.000 metros de altura do fenómeno do ocaso da lúa diurna. As previsións meteorolóxicas son boas, segundo MeteoGalicia, polo que todo estaría a favor desta terceira misión de NOSA, tralos proxectos MarumaSat I e II.

Con todo, AENA concedeulles permiso para unha segunda data de lanzamento en previsión de que as condicións atmosféricas puidesen ser adversas. A data alternativa sería o martes 29 de maio á mesma hora e desde idéntico lugar: ás 12 da mañá no IES Maruxa Mallo, nas Casillas, Ordes.

A esta terceira misión foi convidado a participar o IES Xelmírez II de Santiago, que poñerá a proba a operatividade das novas aplicacións para a obtención de datos científicos que sirvan para a mellora das futuras misións.

Nesta terceira misión utilizarase un dron (aparello voador non tripulado) para obter máis imaxes aéreas externas do globo e a cápsula.

Sonda MarumaSat III
Sonda MarumaSat III | Fonte: NOSA

Como desafío biolóxico, a NOSA tentará de facer que naza un animal na estratosfera coa eclosión sincronizada dun ovo de abella.

Ademais, o MarumaSat III poñerá nos ceos os poemas vencedores do I Premio de Poesía Estratosférica.

Sonda MarumaSat III
Sonda MarumaSat III | Fonte: NOSA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 circulo podemita brion

por favor o momento e o momento... leven o POLITICO VELLO -vieiras o planeta saturnino