Inician unha recollida de firmas contra a manipulación informativa de La Voz de Galicia en Carballo

Veciños de Corcoesto acusan ao xornal e ao seu delegado de beneficiar e protexer ao rexedor popular José Muiño Domínguez tras iniciarse procedementos xudiciais contra el.

Por Galicia Confidencial | Corcoesto | 05/05/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Varios colectivos veciñais, entre eles Petón do Lobo, asociación galega Cova Crea ou a asociación Ouriol do Anllóns, entre outras, critican a manipulación informativa da edición de Carballo de La Voz de Galicia, e, especialmente, a actitude do seu delegado.

Consideran "lamentable" que este medio de comunicación leve anos atacando aos veciños e veciñas pola súa oposición á mina de ouro. "E actualmente este xornal está a desinformar con total impunidade sobre os presuntos casos de corrupción municipal que afectan ao alcalde do PP José Muiño Domínguez", critican.

Denuncian que este medio informativa actúa como "a voz do alcalde", tras publicar que José Muiño Domínguez "síntese vítima da persecución dun grupo de veciños" tras ser denunciado por supostas irregularidades. Trátase dun expediente xudical aberto polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº1 de Carballo por un presunto delito contra o Patrimonio e unha denuncia da Fiscalía polos presuntos delitos de falsedade documental e expropiación ilegal. "O rexedor vese acurralado pola xustiza en dous casos totalmente independentes, algúns dos cales non teñen que ver coa veciñanza", apuntan nun comunicado.

Por iso, anuncian o inicio dunha recollida de sinaturas que levarán ao Valedor do Pobo e tamén trasladarán ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. "Seguiremos loitando con dignidade dende as distintas asociacións da parroquia e apoiando as denuncias da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, tanto contra a mina de ouro de Corcoesto como das presuntas irregularidades que en calquera momento se leven a cabo por parte do Concello", apuntan.

Este grupo de veciños lembra que La Voz de Galicia "transformouse en La Voz de la mina de Corcoesto", primando unha e outra vez as informacións da empresa canadense Edgewater e a súa filial sobre os intereses veciñais. "Unha e outra vez foi o mellor altofalante do maior impulsor do proxecto, que non foi outro que o alcalde José Muiño, que chegou a incluir a reapertura da mina no seu programa electoral do ano 2011".

Edición de La Voz de Galicia en carballo
Edición de La Voz de Galicia en carballo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Meli Souto

Ui, Maceira2, Chas e Ismael Vide. En que mundo vivides? Todos os medios de comunicación están politizados (Tvg, La Sexta, Ser, Cope, Voz de Galicia, Correo Gallego, El País...) todos sen excepción. E se me apuras ata Galicia Confidencial jejeje. A todos se lles ve o plumeiro, máis ou menos e non dudan en venderse ó maior postor. La pela es la pela. Eche o que hai meus.

3 Maceira2

Xa se ve onde quedaron as "verdades sobre a mina de Corcoesto" e quenes as defendían, que non deixan de ser a mesma xente que leva anos amparando a un alcalde do Partido Popular como José Muiño en Cabana de Bergantiños e as súas actividades, as mesmas que agora veñen de levalo ante a xustiza. O proceder habitual de La Voz de Galicia en Carballo, por certo, da vergoña allea.

2 EMILIO DE ALVARELLOS. CANDUAS

https://verdadessobrelaminadecorcoe... https://www.lavozdegalicia.es/notic... Presidenta de Petón do Lobo. Rencor persoal que roza a enfermidade mental. Síntoo Martina, pero non me sacas o protagonismo.

1 chas

o panfleto subvencionado, corrupto, antigallego pepeiro só fai o que leva facendo dende hai corenta anos, estafarnos, manipularnos i enganarnos ós galegos para servir os seus intereses e os da élite que que nos malgoverna....

1 Ismael Vide

A solución é non mercalo nin lélo. Como fago eu dende fai 15 anos. O demais son lerias.