Villares en contra do órdago de Podemos de rachar co modelo En Marea e ir en coalición

Avanza que a consulta ás bases sobre o futuro de Quinteiro será antes do final de maio e confía en que a deputada acate o resultado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2018 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, indicou que non é partidario de abandonar o modelo de partido instrumental e apostar por un formato de coalición das forzas rupturistas como xa defende de forma pública a súa compañeira no Pazo do Hórreo e secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, nunha entrevisa con Europa  Press
O portavoz de En Marea, Luís Villares, nunha entrevisa con Europa Press | Fonte: Europa Press

"A coalición constrúe un discurso de nós e vós", asegurou Villares este domingo nunha entrevista na Radio Galega, para logo defender que o modelo de partido instrumental de adscrición individual "está a funcionar ben" e que apostar por unha coalición "non permitiría" que xente como el, sen afiliación partidaria, puidese "participar en política".

Deste xeito, Villares contrapón a súa visión á de Carmen Santos, que chegou a dar por fracasado o modelo de partido instrumental incidindo en que "non funcionou". "En Marea funcionará se a cidadanía o segue apoiando", remarcou o maxistrado en excedencia.

Así mesmo, aseverou que Podemos "forma parte de maneira inescindible e imprescindible" de En Marea e que é preciso que as forzas que conforman o universo rupturista se centren "no 70 por cento de puntos que comparten" e non poñan o foco nas súas "diferenzas". "Eu vexo a todas as correntes traballando na mesma dirección. Outra cousa é que algunha persona das direccións puntualmente estea a pensar noutras festas. Pero creo que todo o mundo está a remar na mesma dirección", remarcou.

CASO QUINTEIRO

En Marea atravesa unha convulsa situación interna desde mediados do mes de marzo, cando transcendeu que unha das súas deputadas, Paula Quinteiro, viuse envolta nun altercado coa policía de Santiago no que chegou a identificarse co seu carné de parlamentaria. Agora, a continuidade de Quinteiro será sometida a unha votación entre os inscritos de En Marea que, en todo caso, non será vinculante. O resultado do plebiscito interno, segundo avanzou este domingo Villares, coñecerase antes do final do presente mes de maio.

El portavoz de En Marea, Luís Villares, en una entrevista con Europa Press
El portavoz de En Marea, Luís Villares, en una entrevista con Europa Press

O portavoz parlamentario e orgánico da formación --que se mostrou publicamente a favor de que Quinteiro abandone o Pazo do Hórreo-- cre que tanto a deputada --membro da corrente Anticapitalistas de Podemos-- como o resto do espazo político acatarán o veredicto das bases.

"Sexa cal for a decisión, todo o mundo obrará en consecuencia", apuntou, para logo defender que se trata dun asunto "de especial relevancia política" e que, por tanto, son os inscritos os que teñen a "lexitimidade" para resolver a "discrepancia" que existe entre os espazos orgánicos e de representación, que manteñen posturas enfrontadas sobre o futuro de Quinteiro.

JULIA TORREGROSA

Na situación interna de En Marea, ao caso de Quinteiro sumouse días máis tarde a dimisión do deputado Juan Merlo logo de descubrirse que mentira no seu currículo. O seu posto debía ser ocupado por Xoán Hermida que, con todo, renunciara a esa hipotética acta un día antes de saltar a noticia sobre Merlo. Fíxoo despois de coñecerse que tamén protagonizara un incidente coas forzas da orde e para, nas súas propias palabras, "elevar o listón ético" de En Marea e marcar o camiño a Quinteiro.

No entanto, Hermida non presentou a súa renuncia formal até a pasada semana. A acta recae agora en Julia Torregrosa, de Podemos Galicia, que fará entrada no Parlamento de Galicia de forma oficial este luns, previsiblemente.

Con todo, Julia Torregrosa tamén está envolta nun problema persoal, xa que un coche ao seu nome que non tiña o seguro en regra sufriu un accidente con feridos a comezos deste ano no municipio pontevedrés de Poio.

Cuestionado sobre iso, Villares asegurou que descoñece os detalles deste asunto e que, se ben recoñeceu que xa mantivo contacto con ela, fíxoo unicamente para abordar cuestións "administrativas". "Non temos máis información. Aínda non aceptou a acta, é probable que o faga o luns e que recibamos información directa sobre esta situación", sinalou o portavoz de En Marea na Cámara galega.

FOLGA XERAL DA CIG

Villares tamén se referiu á actualidade política de Galicia nunha semana na que a que a CIG anunciou a convocatoria dunha folga xeral galega para o próximo 19 de xuño que non conta co respaldo dos outros dous sindicatos maioritarios, CC.OO. e UGT.

O portavoz de En Marea evitou pronunciarse abertamente sobre se apoia ou non a convocatoria, aínda que exhortou á central nacionalista a conseguir que a convocatoria sexa "transversal", o que ao seu entender garantirá que a folga sexa "un éxito". "Se a CIG é capaz de conseguir esa transversalidade a convocatoria será exitosa e por tanto as forzas políticas o único que teremos que facer é acompañar ese proceso de mobilización", engadiu.

En canto á folga de xustiza, que cumprirá este luns o seu terceiro mes, o maxistrado en excedencia censurou a "irresponsabilidade" do vicepresidente galego, Alfonso Rueda, que supuxo o motivo de que este conflito se convertese "na folga máis longa nos corpos da administración da historia da democracia en Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 Pondaliao

A ver que dí mañá o oráculo Carmen Santos

4 a marea e xa o podreiro

isto xa da a risa os inventos do xuiz villanos, pero quen no seu san xuizo pode crer nos despropósitos aberrantes da marea de podreiros, todos sabemos que no partido anovado xa non quedan nin 200 cando antes eran casi 300 agora teñen que sumar elementos desprezables tipo fpg, e todo tipo de calandracos e camándulas do medio ambiente que están por ver si pillan algo, son xente rebotada e que fixeron gran traizon por onde pasaron, non os cre niguen viven nun espectáculo lamentable, agora o podreiros pide, agora o podreiros impon o seu dominio a sacerdotisa de virobah xa esta dando as novas misas, os novos rezamentos os Deus de expañistan, agora xa non poden facer nada as milicias anovadas da marea claudicante - https://www.youtube.com/watch?v=g5u...

3 Morgana dende o Averno

Repetide unha e outra vez as vosas patéticas liortas polos postiños e por quen manda... Todos sabemos quen manda e el está na capetal, non en provincias. Non me estraña que voten a Feijoo. Ata eu o vou facer quizais para protestar por tanto desleixo e abandono, por tanta cumplicidade e silencio. Que mágoa! Chachiguayprogrelandia eses e esas que nos adoutrinan sobre o que está ben ou mal mentres calan diante da precarización ou utilizan técnicas de marketing, porque hai que vender ben o produto, na educación e na sanidade. Medrando na súa autocompracencia. Que difícil é saber que vós estades aí marcando o horizonte... E ler o letreiro neste: no future! Merecería a pena unha Rosalía que vos desenmascarara pero de novo iriades a por ela. E xa non habería Curros que a defendesen. Ai dos que levan na fronte unha estrela e no bico un cantar...

2 Odinofagoa

Pues con ese final de la democracia de Galicia, tengo muchas dudas. Pero es lo que hay. https://www.odinofagia.info/

1 Morgana dende o Averno

Que pena me dá Galicia! Que pena! Esquerdistas galegos... A ver, isto non existe non???? Ides do lado de quen está a calar en tantos lugares... Dades tanta pena... O voso silencio é complicidade. Oh, que guais sodes en chachiguayprogrelandia onde non vos pringades por nada ou por ninguén que non sexan os vosos postiños. Aos vosos votantes só me queda desexarlles que gocen do votado e que vos dure o goce por séculos.