Exposición fotográfica en 3D para ver as rutas atlánticas do Camiño de Santiago

A exposición fotográfica "De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D" mostra, mediante 33 imaxes de gran formato e en alta resolución, as rutas atlánticas do Camiño de Santiago en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2018 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A exposición fotográfica "De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D" mostra, mediante 33 imaxes de gran formato e en alta resolución, as rutas atlánticas do Camiño de Santiago en Galicia. A mostra ofrece unha nova perspectiva para achegarse ás paraxes por onde diariamente pasan os peregrinos coa utilización da tecnoloxía 3D nas fotografías, pensadas para ser contempladas utilizando as lentes e conseguir así o efecto do tres dimensións.

Exposición 'De mar a mar'
Exposición 'De mar a mar' | Fonte: Europa Press

Preséntanse un total de 33 imaxes, 14 correspondentes co Camiño Portugués en Galicia, 6 fotografías do Camiño Inglés e 8 sobre o Camiño de Fisterra e Muxía. Turismo de Galicia e Afundación presentaron en Pontevedra esta mostra nunha rolda de prensa que contou coas intervencións do director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela; o xefe da área de Cultura Xacobea e comisario da mostra, Francisco Singul; e a coordinadora da área de Cultura de Afundación, Marité Cores.

De maneira complementaria á exposición, a área educativa de Afundación deseñou unha serie de talleres didácticos orientados aos diferentes grupos de idade para coñecer a fondo o que mostran estas fotografías en 3D. Para o alumnado de infantil até terceiro de primaria definiuse o programa "Buscando a cuncha do peregrino"; para cuarto de primaria até segundo de ESO, "Se o camiño non acabamos, a Compostela non nos levamos"; e para os estudantes de terceiro de ESO até bacharelato e ciclos formativos, "De mar a mar. O camiño de Santiago en 3D".

A mostra poderá visitarse até o 30 de xuño, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 20.30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta