Temas: ANOVA ACOSO

Anova investiga unha denuncia de abusos sexuais en redes sociais contra un ex militante

A persoa investigada non é agora militante e estaba vinculado a Xeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A Comisión Permanente de Anova --o equivalente a unha executiva dun partido tradicional-- puxo en marcha unha comisión para "aclarar" unha denuncia de abusos sexuais contra un militante da formación nacionalista, B.B., a través das redes sociais.

Plenario de Anova na súa terceira asemblea
Plenario de Anova na súa terceira asemblea

A dirección da formación nacionalista tivo coñecemento da denuncia no marco da campaña en Twitter baixo a etiqueta #cuentalo e que tiña como obxectivo denunciar as situacións de abusos e violación por mor da sentenza xudicial a 'La Manada'.

Nese contexto, segundo explicaron a Europa Press fontes da formación nacionalista, Anova coñeceu a denuncia contra un dos militantes, tamén vinculado co colectivo xuvenil Xeira, e puxo en marcha a constitución dunha comisión que elaborará un expediente informativo "co obxectivo de aclarar a situación e propor medidas ante as graves acusacións que saíron publicamente contra un militante".

As mesmas fontes indicaron que internamente a formación non recibiu ningunha denuncia sobre esta persona e que, por tanto, decidiuse actuar por mor das mensaxes en redes sociais.

RENUNCIA ÁS SÚAS RESPONSABILIDADES

Desde o 1 de maio, tamén informou Anova nun comunicado publicado en Facebook, B.B. decidiu "apartarse das súas responsabilidades e da militancia", unha renuncia que foi "aceptada nese momento" pola dirección de Anova, da que formaba parte.

A organización que lidera Antón Sánchez indicou que durante todo o tempo que dure a instrución do expediente até o ditame final a comisión informará o seu traballo á Coordinadora Nacional --máximo órgano de decisión entre asembleas--, que terá que "ratificar as súas conclusións".

Temas: ANOVA ACOSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 comunista independentista

Trolls do Bloque a ladrar en 3, 2, 1...

1 Galego non sumiso

Xa te adiantiantas ti como troll a soldo, non vaia ser que alguén critique os esperpentos.

2 Pondaliao

Mesquiño