O galego recúa, estamos a tempo?

A situación do galego podería dar unha viraxe en pouco tempo. Os estudos da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega estiman que nesta década o número de mozos e mozas que falan galego pode comezar a diminuír. Segundo os informes consultados por GC as políticas lingüísticas poderían estar en entredito en relación ao futuro do uso do galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/05/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A situación da lingua galega en canto número de falantes mono ou bilingües cambiou de maneira acelerada nas últimas tres décadas. Así, mentres que catalán e vasco van vendo como o número de falantes que saben manexarse nas súas respectivas linguas máis o castelán, aumenta, no caso do galego, recúa. Falta de vontade política, aumento da diglosia e complexo de inferioridade respecto do uso da lingua propia de Galicia, cambios socioestruturais, etc. Temos toda unha amálgama de motivos para que parte das institucións que deberan axudar a preservar o idioma galego, consideren francamente o retroceso e diminución de galego falantes ata chegaren a ser minoría no seu propio país.

Rapaces nunha aula do colexio Paraixal do barrio de Teis, en Vigo, onde se lles ensina a valorar o galego
Rapaces nunha aula do colexio Paraixal do barrio de Teis, en Vigo, onde se lles ensina a valorar o galego | Fonte: Miguel Núñez.

O caso é que a Real Academia Galega máis o Consello da Cultura Galega, foron enchendo de datos durante máis de dúas décadas (1992-2013) un traballo sobre o dinamismo demográfico do galego durante todo este tempo. As cousas variaron moito, tanto que nos cinco últimos anos reflectidos no documento (2008-2013) a conclusión é clarísima; os monolingües en castelán aumentan aceleradamente ao mesmo ritmo que diminúe o número de galego falantes. Todo despois de máis de trinta anos de autonomía.

AS DINÁMICAS VISIBLES

O proceso diglósico deu en moverse moito máis rápido cando a poboación rural comezou a emigrar do campo á cidade. Os pais e nais, moi seguramente monolíngües en galego, deron en falarlles en castelán aos fillos e fillas nacidas xa na cidade ou vila. Estes mozos e mozas fixeron o propio cos amigos e amigas tanto na rúa, na escola como no tempo de ocio e logo no traballo. A segunda xeración nacida na zona urbana ou rururbana, os netos dos primeiros, xa foron monolíngües en castelán, aínda que con nocións do galego por contacto tanto con pais e nais, que sabían falalo pero non o empregaban, como por contacto cos avós e avoas. Máis ou menos, esta era unha idea expresada por algúns lingüístas sobre a evolución do fenómeno diglósico dentro da sociedade galega desde a segunda metade do século XX ata o día de hoxe.

Van xa máis de setenta anos e as cousas parecen apuntar a un cambio aínda máis drástico entre as novas xeracións nacidas a partir dos 80-90. Así as cousas, a Real Academia Galega (RAG) e o Consello da Cultura Galega (CCG) fixeron un seguemento da evolución demográfica a respecto das persoas galego-falantes, castelán-falantes, bilíngües e plurilíngües. Así naceu o Lingua e Sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2013, o traballo que debullou o proceso lingüístico evolutivo en Galicia.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

O documento tiña as súas raíces no de "A sociedade galega e o idioma.  A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003)". A partir de aí comezaron a elaborar novos traballos semellantes que abrangueron ata o ano 2008, despois ata o 2013 e logo un resumo de resultados que recollía os resultados ata o 2016. A conclusión deste último documento era que: “O galego ten unha posición demolingüística vantaxosa en comparación con outras linguas de España e unha posición forte na propia Galicia. Con todo, a creba da transmisión lingüística interxeracional e os procesos de monolingüización en castelán que protagonizan as xeracións máis novas comprometen a súa situación nos territorios cunha maior poboación e un maior dinamismo económico”. É dicir, alí onde hai unha maior concentración demográfica urbana e rururbana parella a un maior dinamismo económico, parece que é onde o galego perde falantes.

Foi a partir destes documentos que se sacou o informe comparativo “A fortaleza demográfica do galego: unha visión estática fronte unha visión evolutiva”. Este elemento fai unha serie de análises respecto do idioma que a continuación presentamos.

LINGUA HABITUAL, MONOLINGÜISMO E BILINGÜISMO

Os estudos feitos desde o Seminario de Sociolingüística da RAG, apuntaban que a comezos desta década (ata o 2013) sete de cada dez galegos, entre os 5 ou máis anos, aprenderon a falar en galego de xeito monolingüe o 41% e un 25,5%  fixérono xunto co castelán. A porcentaxe de persoas que aprenderon a falar unicamente castelán é de arredor dun terzo, case o 31%. Estes datos son os referidos á lingua inicial coa que a persoa comeza a socializar e desenvolverse nos diferentes ámbitos; escolar, laboral, etc.

As tendencias lingüísticas mostran que o número de falantes que aprenderon a falar nas dúas linguas, bilingües iniciais, vai aumentando. Pola contra, o número de persoas que aprenderon a falar en galego como lingua inicial descendeu significativamente, uns vinte puntos porcentuais. No que toca ao castelán, segundo os datos recollidos polo documento que manexamos para este artigo, a conclusión é que as porcentaxes non varían moito. No que toca á lingua empregada de maneira habitual entre a poboación, o estudo indicaba que unha relativa maioría, case o o 51% (1.298.482 persoas) usaban o galego como lingua habitual, mentres que o uso habitual do castelán era dun 48% (1.227.187 persoas). Non obstante, a converxencia lingüística, a elección dunha lingua fronte a outra para comunicarse con outras persoas, era proclive ao abandono do galego para falar en castelán maioritariamente.

A tendencia mostra un descenso moi significativo entre as persoas que aprenderon a falar en galego, cunha baixada de vinte puntos porcentuais. Pola contra, as persoas monolingües en castelán aumentaron 14 puntos desde comezos dos anos 90 ata a comezos da década de 2010. O rechamante é que case 8 deses puntos aumentaron en tan só cinco anos. A porcentaxe de galegofalantes, pola contra, diminúe 14 puntos.  A porcentaxe de bilingües iniciais, as persoas que aprenderon a falar nas dúas linguas, en Galicia medra paulatinamente.

Non obstante, aínda que o bilingüismo inicial ten experimentado unha forte suba, aprender a falar nas dúas linguas é unha correlación que foi descendendo de maneira ostensible. Xusto ao revés do que acontecía nos 90, cando aprender a falar en galego e castelán implicaba o uso de ambos idiomas. Se a comezos do século XXI se avogou por unha sociedade na que os individuos puidesen ser bilingües, mesmo plurilingües, esa tendencia foi aumentando en detrimento das prácticas lingüísticas en galego, collendo máis peso as do monolingüismo en castelán.

COMUNICACIÓN E POTENCIALIDADE

A división en perfís ou tipoloxías de uso lingüístico dentro do galego aporta catro tipos. Aquelas persoas que so falan e escriben en castelán serían un 48% da poboación. A continuación existe un amplo número de galegofalantes que usan o castelán como lingua escrita, un 36%. Mais o número de monolingües en galego que só escriben en galego é un 14% do total. Un dato curioso, o 1% das persoas enquisadas falan castelán pero escriben en galego. O dato está en que mentres que o castelán como lingua de comunicación aumentou dez puntos nos primeiros anos do século XXI. O número de falantes galegos que escribían en castelán diminuiu debido en boa medida á baixa do déficit da escrita na lingua de Galicia.

Se agora tomásemos o total de falantes monolingües en castelán, a día de hoxe deles, o 60% estaría en condicións de falar galego perfectamente, é dicir, serían falantes potenciais. Curiosamente hai vinte anos esa porcentaxe de falantes potenciais era a metade da actual. As enquisas ademais engadían que quen tiña grandes habilidades orais co galego pero aínda así non o empregaban era unha porcentaxe que estaba arredor do 11%.

GALEGO FÓRA E COMPARACIÓN CON OUTRAS LINGUAS

A porcentaxe total de galego falantes co galego como lingua inicial dentro do Estado é do 6%, dentro dunha poboación que anda sobre os 45 millóns de persoas en España. Con todo, fóra de Galicia existe un número destacado de falantes. Nas zonas que corresponderían ao galego oriental e que administrativamente están na súa maioría nas comunidades de Asturias e Castela e León, a porcentaxe estaría entre o 2 ou 3%. Logo estarían aqueles lugares receptores de comunidades galegas dentro do Estado como serían Cataluña, País Vasco ou Madrid, cunhas porcentaxes que rondarían o 2%.

O galego era considerado ata hai  pouco como a lingua máis difundida entre as persoas do seu territorio xeográfico, fronte mesmo aos casos do catalán e o vasco. No caso do primeiro, chegou aos anos setenta cunha porcentaxe de falantes que chegaba ao 50% mentres que no caso do vasco ou éuscaro case non chegaba ao 20%.

A día de hoxe e segundo os datos da “Encuesta sobre la participación de la Población Adulta en las Actividades de Aprendizaje” (EADA) o 90% da poboación ten como lingua inicial o español. Séguelle moi de lonxe en segundo lugar o catalán cun 11%, o galego cun 6% e o éuscaro ou vasco cun 2%. A conclusión que se ten da lectura destes datos é que nin o galego nin o catalán nin o éuscaro chegan a ser a lingua inicial da metade da poboación dentro dos seus ámbitos xeográficos. Só na Comunidade Valenciana e en Galicia o bilingüismo é máis habitual que en Cataluña ou Euskadi. O uso destas linguas minorizadas é desigual, pois mentres Galicia, Navarra (toda a Comunidade Foral), Euskadi e Comunidade Valenciana teñen como trazo máis destacable o bilingüismo, en Baleares, Cataluña e a zona vascófona de Navara os usos monolingües son maioritarios.


CONCLUSIÓNS E FUTURO

A tendencia é a diminución de persoas que aprenden a falar só en galego. Pola súa banda, o castelán parece manter unha certa estabilidade. Mentres o bilingüismo é a tendencia que máis aumenta. Con todo, desde o ano 2008 as cousas parecen estar inclinándose a favor do castelán, cun aumento no número de falantes habituais fronte ao descenso dos galegofalantes habituais. Aínda que a situación sobre a potencialidade do galego puidese ser optimimista, cun importante número de persoas capaces de desenvolvérense en galego, o contexto actual non semella animar ao uso da lingua de Galicia.

Se historicamente o galego tiña unha maior difusión no seu territorio que outras linguas minorizadas caso do catalán e do éuscaro, a converxencia lingüística galego-castelán inclínase a favor do segundo, cousa que parece ser a contraria nas outras linguas minorizadas do estado. O apoio das institucións parece ser moi necesario no caso de que se queira reverter esta situación no caso que nos ocupa. Porque, se se cumpre o que din as enquisas, é posible que o número de castelanfantes de 15 ou máis anos estean xa superando neste 2018 aos galegofalantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 Guido

Un idioma asociado a la imposición, el fanatismo y la CIG o la UPG sólo produce repugnancia. Normal que tienda a desaparecer

1 anti-anonimo

Que contradiccion la suya...fijese que el castellano tambien fue impuesto gracias al fanatismo que aun le precede. Le encuentra tendencia a su desaparicion?? Lo que es la ignorancia... la normal tendencia de personas tal como usted. Logo falades de ignorancia...

2 De Sar

Quero pensar que o comentario número 1 é alguén que está de broma ou, como moito, simplemente un provocador, porque pensar que se pode tomar en serio a alguén que comeza dicindo que o galego (ou o castelán, ou o flamenco, ou calquera outra lingua) "no vale para nada" é para que pida cita urxentemente cun especialista. Máis alá do iluminado de turno, eu creo que estamos a tempo, pero para iso debe darse un cambio rotundo de rumbo na sociedade galega, e a consecuencia diso tamén nas institucións que hoxe se atopan totalmente parasitadas. A tempo estamos, pero o difícil é que se poidan dar as circunstancias para ese cambio de rumbo tan necesario.

1 anonimo

No vale para nada, y claro, la gente no lo quiere. Al PP le interesa mantenerlo con respiración artificial porque un pueblo sumido en el atraso y la ignorancia es más susceptible de ser manipulado. A los nacionalistas porque es un elemento diferencial que justifica su nación de manifas y follones varios, y sobre todo porque permite a sus militantes ocupar puestos de trabajo inútiles, cobrar subvenciones y, en definitiva, llevar una vida regalada viviendo del cuento. El tiempo da y quita razones y al gallego lo van a poner en su las nuevas generaciones.

1 Antinostrus

Pois polo que vostede dí e por como escrebe non o considero mais válido que min.....e mais, se este é o modelo de homo sapiens predominante na Galiza do futuro imos ben d e Q.....ao fin, o castelán-español vira a ser o idioma identificativo dos chaíñas que non poden ser outra cousa que Españois (mixtura de cabra cigana mais camelo bereber, igual a cipaiomononeuronal, ergo Nostrus)......e eu vóu-che-me mañán, de vacacións, para Rio Grande do Sul onde o galego é-me pero que moi, moi útil....aburiño.....

2 anti-anonimo

vaia palabras e idealismo... mellor quedar anonimo - al hablar asi.