Ferido un menor ao caer dun cuarto piso en Monforte (Lugo)

Un menor de idade resultou ferido ao caer dun cuarto piso en Monforte de Lemos (Lugo), segundo informa o 112.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2018 | Actualizada ás 13:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un menor de idade resultou ferido ao caer dun cuarto piso en Monforte de Lemos (Lugo), segundo informa o 112.

O suceso tivo lugar ao redor das 21,00 horas do mércores, cando o neno caeu á rúa desde unha xanela da cuarta planta dun edificio de rúa Duquesa de Alba.

Os servizos sanitarios de urxencia evacuárono con vida ao centro hospitalario de referencia, despois de recibir a chamada de alerta de varios particulares.

O 112 tamén informou á Policía Autonómica e a Policía Nacional, coa finalidade de esclarecer as circunstancias deste suceso.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta