Temas: XUSTIZA FOLGA

SPJ-USO, outro sindicato que vai pola súa conta na folga da xustiza

É a terceira organización que dá este paso, que xa formalizaron previamente CC. OO. e UXT

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/05/2018 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

SPJ-USO, sindicato maioritario na representación dos funcionarios xudiciais de Galicia, abandonou este luns o comité de folga e desligouse formalmente da convocatoria deste paro que se iniciou co respaldo das sete organizacións do sector o pasado 7 de febreiro.

Funcionarios de xustiza protesta
Funcionarios de xustiza protesta

SPJ-USO, un dos tres sindicatos que, xunto con UXT e CC. OO., se adheriron o pasado venres á oferta que a Xunta expuxo na mesa sectorial, secunda así un paso que, precisamente, CC. OO. e UXT xa deran: o de abandonar o comité de folga.

Neste órgano permanecerían formalmente, de momento, CSIF; e AXG- CUT, CIG e STAJ, as tres organizacións que o 26 de abril rexeitaron a proposta da Administración autonómica, que mantivo sen variación e que foi exposta en mesa sectorial.

En todo caso, CSIF non participou xa nas últimas reunións. Fontes deste sindicato ratificaron a Europa Press que non moverán ficha ata que o resto de organizacións se pronuncien acerca da súa proposta de mediación. O prazo para as respostas finaliza este martes ás 13,00 horas.

O TERCEIRO QUE SE DESLIGA

Pola súa banda, no escrito rexistrado este luns, ao que tivo acceso Europa Press e que asina o coordinador do sindicato SPJ-USO e ata hoxe presidente do comité de folga, Julio Bouza, o sindicato maioritario lembra a súa adhesión á proposta da Xunta. Engade que, dado este paso, "se desliga" da convocatoria de folga indefinida e, en consecuencia, deixa de formar parte do comité.

Temas: XUSTIZA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta