Temas: LIDIA SENRA UE

Lidia Senra pide responsabilidade no investimendo de diñeiro europeo en medidas contraincendios

O Parlamento Europeo aprobou esta semana destinar 3.228.675€ do Fondos de Solidariedade da Unión Europea para apoiar medidas contra as consencuencias dos incendios de outubro.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 01/06/2018 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A eurodeputada  lembrou que segundo os datos proporcionados polo Goberno central na súa solicitude de fondos á UE, os danos directos totais están estimados en 129,1 millóns de euros. De feito, os algo máis de tres millóns de euros aprobados esta semana polo Parlamento Europeo, constitúen unha cantidade significativamente inferior aos 120 millóns para prevención e 12 para reparación, contemplados no plan de desenvolvemento rural 2014-2020 de Galicia, segundo informou a Comisión Europea a Senra en decembro de 2017, repondendo así a unha pregunta rexistrada pola europarlamentaria.

Lidia Senra
Lidia Senra

“A solución de fondo non son os parches, senón os verdadeiros compromisos para empregar os cartos no deseño e aplicación das medidas políticas axeitadas. Parécenos ben que agora se mobilicen 3 millóns, pero inda nos tería parecido mellor que se tiveran empregado eficazmente os 120 que se teñen que destinar a medidas de prevención” declarou Lidia Senra.


Senra, que é a coordinadora do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural,  voltou demandar dende Estrasburgo unha aposta contundente polas medidas de prevención. Defeito considerou imprescindíbel “desenvolver medidas políticas que favorezan o  mantemento e instalación de pequenas e medianas granxas familiares, un sistema público e permanente de prevención e loita contra os incendios que teña en conta os efectos do cambio climático e o fin do monocultivo de eucalipto e da súa expansión por terras agrarias”.


Temas: LIDIA SENRA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta