Lea entre o PP galego e o presidente do partido ultradereitista VOX a conta da condición de Galicia como nación

O ultranacionalista español Santiago Abascal critica a Feijóo por unhas declaracións nas que defender que Galicia é unha "nación sin Estado". O PPdeG respóndelle que non acepta "lecciones de nadie" nesta materia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/06/2018 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

A posible designación de Alberto Núñez Feijóó como novo líder do PP a nivel estatal, en substitución do dimitido Mariano Rajoy tras perder a moción de censura que o apartou do Goberno central, está a suscitar todo tipo de reaccións non só no seu partido ou na oposición en Galicia; tamén na ultradereita española. En VOX, partido ultranacionalista, decidiron emprender unha campaña contra o actual presidente da Xunta, ao que acusan de defender que Galicia é unha nación. Acusación á que non tardou en responder o Partido Popular galego, que non acepta "lecciones de nadie" na defensa de España.

O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162

O presidente de VOX, Santiago Abascal, recuperou en Twitter unhas declaracións nas que Feijóo se refería a Galicia como "nación sen Estado", algo que produce urticaria no ultranacionalismo español: "Nosotros históricamente tenemos muchos elementos para denominarnos, utilizando la terminología habitual, nación sin Estado", dicía o presidente da Xunta.

Aproveitando que agora Feijóo podería ser o novo adalid do PP para tentar darlle novos folgos á dereita arredor deste partido, en VOX decidiron reaccionar apelando ao españolismo como argumento político. 

"Para Nuñez Feijoo, igual que para Pedro Sánchez, «Galicia es una nación sin Estado». ¡Qué se sepa! Si crees que la única nación de los gallegos es España, RT", publicou o líder ultradereitista, acompañando o seu chío dunha bandeira española.

A primeira resposta chegoulle directamente desde a conta en Twitter do Partido Popular de Galicia, que non acepta "leccións de nadie" nesta materia. 

"Llevamos años cerrando las puertas al nacionalismo. Lo hicimos con nuestros votos, siendo leales a la Constitución, al país, y evitando que PSOE y BNG calificaran a Galicia de nación en nuestro Estatuto. Así que de combatir a los nacionalistas no aceptamos lecciones de nadie", responderon os populares galegos a Abascal.

O líder de VOX non dubidou en manter a disputa para tentar agrandar a súa diminuta influencia política, contestando: "Yo no he dicho que «Galicia es una nación sin Estado». Mi madre y mi abueliña, gallegas ambas, me han enseñado que Galicia es una región de España. Pedidle [sic] cuentas a vuestro presidente, que es el que ha dicho la majadería y el que flirtea con los conceptos nacionalistas", replicou ao PPdeG.

O PPdeG decidiu non volver entrar na lea, pero si o fixeron ducias de usuarios de Twitter, a prol e en contra duns e doutros, evidenciando que a dereita española se atopa agora mesmo nunha loita fraticida e baseada exclusivamente na idea de España e no sentimento patriótico, sen importar outra cousa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 nostrus o cotrosso

eu penso que o bascal sería uma grande melhora para que a GZ supere o seu atraso, por isso eu vou votar ziudadanoh e o meu genro vai votar voxta. viva gayiciavilinghe os gayegos entendémonos em apanhol. c0na.

2 Abascal

Estoy de españa hasta los guevos

1 Giam Declaire

Mi abueliña tamén chamaba Rexión a Galiza, mais non deixaba ser unha vítima do colonialismo español.