Temas: FEIJóO

@YoConFeijóo, a conta en Twitter que apoia a Feijóo como presidente do PP

Súmase ás creadas en apoio da ex vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, e da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2018 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Seguidores do presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, crearon unha conta na rede social Twitter que, baixo o nome 'Feijóo Presidente', solicita apoios para que "se converta en Presidente Nacional do PP".

Conta de apoio a Feijóo como presidente do PP
Conta de apoio a Feijóo como presidente do PP | Fonte: Europa Press

A conta creouse este venres á primeira hora da mañá e acompaña a súa presentación coa seguinte frase: 'Feijóo, o mellor activo do noso partido'. O seu primeiro tweet indicaba que "esta é a conta de apoio de militantes, simpatizantes e votantes do PP para que Feijóo se converta " no "próximo Presidente Nacional", coas etiquetas 'Eu con Feijóo' e '#FeijóoPresidente'.

Nunha publicación deste sábado --das tres realizadas en total desde o inicio da conta--, destácase que "Feijóo representa a única maioría absoluta de España. Un proxecto gañador que ha de ser integrador cun liderado forte e limpo para facer fronte aos retos do futuro".

A conta, que sumou até o momento 171 seguidores, segue así o ronsel das creadas en apoio da ex vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, e da secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal.

A primeira creouse o xoves en Twitter baixo o nome 'YoConSorayaPP'. Horas despois da da exvicepresidenta lanzábase a conta 'Cospedal Presidenta' en apoio á secretaria xeral do PP para liderar o partido e na que se lle define como "o mellor valor" da formación.

De forma paralela, tamén nacía a plataforma 'UnNuevoPP' para apoiar unha candidatura de unidade entre Feijóo e Sáenz de Santamaría. "Comezamos unha nova e ilusionante etapa para reforzar o @PPopular e consolidalo como o partido de referencia en #España. Úneste?", é a mensaxe fixada nesta conta.

As publicacións en Twitter avivan o debate ao redor da sucesión de Mariano Rajoy e volven pór de relevo cales son os principais nomes que soan para a sucesión, á espera dunha confirmación oficial. O luns Mariano Rajoy presididrá a reunión da Xunta Directiva Nacional do partido que convocará no mes de xullo un Congreso Extraordinario para elixir novo líder da formación. Na reunión, aprobarase tamén o regulamento e a comisión organizadora do conclave.

Temas: FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta