Temas: PP RAJOY FEIJóO

O 20 e 21 de xullo saberase se Feijóo é ou non o futuro sucesor de Rajoy

Nesas datas terá lugar o congreso no que se escollerá o Presidente do Partido Popular. Ademais de Feijóo, entre os aspirantes tamén están Cospedar e Soraya Sáenz de Santamaría.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/06/2018 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Xunta Directiva escolleu xa a data en que terá lugar o Congreso extraordinario para escoller sucesor. Así pois, o 20 e 21 de xullo o Partido Popular decidirá finalmente quen asumirá a súa nova dirección.

Rajoy con Feijóo en un mitin
Rajoy con Feijóo en un mitin

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, está nas papeletas para ser elixido, aínda que segue facendo gala de prudencia. Tamén soan outros nomes coma o da secretaria xeral María Dolores de Cospedal ou o da ex-vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría. E non quedan atrás outras persoas como o ex-ministro Íñigo de la Serna e a presidenta do Congreso, Ana Pastor.

No caso de que haxa máis dun candidato, será a militancia quen decida quen debe proclamarse como novo líder. Nas declaracións desta mañá, Rajoy tamén asegurou que en setembro teñen que estar en perfecto estado de revista.

Temas: PP RAJOY FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta