Temas: FEIJóO RAJOY

Os temores e os retos de Feijóo para ir a Madrid

O presidente da Xunta é un dos grandes candidatos para suceder a Mariano Rajoy ao fronte do PP pero a posibilidade de que teña rivais fai que mida moito os seus movementos. Por que é tan prudente Feijóo nas súas aspiracións de marchar a Madrid?.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/06/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

"Feijóo está llamado a cosas grandes", dicía un alto dirigente do PP en 2003, cando o hoxe presidente da Xunta saía da Presidencia de Correos y Telégrafos en Madrid. Alí chegara da man de José Manuel Romay Beccaría, entón unha figura en alza no PP galego, ministro con Aznar e unha das persoanaxes que máis influirá neste partido durante a sucesión de Fraga.

Rajoy saúda a Feijóo na súa última toma de posesión no Obradoiro en 2012
Rajoy saúda a Feijóo na súa última toma de posesión no Obradoiro en 2012 | Fonte: PP

De feito, Feijóo os pasos que deu, sempre os deu sobre seguro, tendo todo calculado. Chegou a Galicia, precisamente, da man de Romay coa fama de ser un "gran técnico e xestor" que era o que daquela quería Manuel Fraga para un PPdeG que se afundía despois dun dos peores naufraxios que sufríu a costa galega, o do Prestige. E, da nada, situouse en postos de saída para a sucesión do ex ministro.

Aterraba en Galicia en xaneiro de 2003 como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para substituír ao eterno candidato a suceder a Fraga, Xosé Cuíña, defenestrado polo sector do birrete... ou urbanita, ou os de Romay. A súa ascensión foi meteórica e en setembro de 2004 xa era vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, converténdose no primeiro vicepresidente que nomeaba Fraga mentres ocupou a cadeira de San Caetano. Colocábase así de primeiro nos postos de sucesión ó xa daquela octoxenario Manuel Fraga.

E a oportunidade chegou logo de que Fraga perdera as eleccións autonómicas de 2005. Entón, como agora no PP de Madrid, abriuse un periodo de rifas internas. Nun comezo había catro candidatos; Xosé Cuíña Crespo, Xosé Manuel Barreiro, Enrique López Veiga e o propio Feijóo. Fraga, presionado por Madrid, deixou facer e Feijóo, apoiado polo sector urbano do partido dirixido por Romay Beccaría e o do aparato aznarista do PP de Madrid que entón dirixía xa Rajoy, volveu ter vía libre. Barreiro, o candidato, a priori máis forte, integrouse na súa candidatura e a lista dos dous xuntos arrasou á dun belicoso Cuíña e a dun intrascendente López Veiga.

VICTORIA PACTADA

Feijóo cimentou esa victoria nun gran pacto e, sobre todo, nun gran apoio do Partido Popular de Madrid. E iso mesmo é o que quere agora, na outra sucesións, da de quen o impulsou a el ao poder, Mariano Rajoy. Feijóo que sabe que non se pode ir de farol quere ter as cousas moi claras para lanzarse á carreira sucesoria. E nesa carreira, que é máis difícil que a de Galicia, busca o apoio dos principais baróns do partido e tamén do aparato, que aínda conserva Rajoy.

Feijóo e Soraya Sáez de Santamaría no comité de dirección
Feijóo e Soraya Sáez de Santamaría no comité de dirección

"E xenón o ten claro, nin ten compromisos serios, non se lanza", apuntan fontes consultadas que aseguran que Feijóo calcula todo antes de "tirarse á piscina". Non quere ter en fronte nin a María Dolores de Cospedal, nin a Soraya Saénz de Santamaría e por, iso, o seu círculo e parte do aparato en Madrid traballan xa para unha candidatura única, ao xeito do que el mesmo integrou con Barreiro hai 13 anos.

PIDEN UNIDADE

De feto, Feijóo e sectores de Madrid comenzaron xa esta campaña de zapadores afíns para extender a idea do "candidato de consenso". Unha das voces máis significativas a favor dun candidato pactado foi o presidente do PP de Andalucía (PP-A), Juanma Moreno, quen non desvelou ningún nome, pero afirmou que prefire un "de consenso". Ademais, os presidentes do PP en Cataluña, Javier García Albiol, e da Rexión de Murcia, Fernando López Miras, consideran que o máis positivo para o seu partido sería que houbese unha única candidatura tendo en conta, en palabras do dirixente catalán, que só queda un ano para as eleccións municipais, a maioría de autonómicas, e europeas. Con todo, tampouco temen a que haxa varios candidatos.

Nos últimos días, militantes do partido --impulsados por dirixentes-- puxeron en marcha campañas nas redes sociais a favor dos distintos candidatos, principalmente, Feijóo, Cospedal e Santamaría. Pero, curiosamente, e de forma paralela, tamén nacía a plataforma 'UnNuevoPP' para apoiar unha candidatura de unidade entre Feijóo e Sáenz de Santamaría. "Comezamos unha nova e ilusionante etapa para reforzar o @PPopular e consolidalo como o partido de referencia en #España. Úneste?", é a mensaxe fixada nesta conta.

E RAJOY

Unha das grandes dúbidas é o papel de Rajoy na súa propia sucesión. Na Xunta Directiva Nacional deste luns, que fixou o prazo de entre o 18 e o 20 para presentar as candidaturas con polo menos cen avales de militantes, Rajoy avisou que non exercerá "tutelas" no proceso interno e asegurou que del só pódese esperar "respecto absoluto"; iso si, precisou que dada a interinidade, actuará con "prudencia" e intervirá "o xusto".

Rajoy, sucesor de José María Aznar, quixo deixar claro que el non ten "sucesores, nin delfíns" e que non vai sinalar " a ninguén" para que o substitúa á fronte. "Gañe quen gañe, ao día seguinte deberá contar cos seus rivais se os houbese, porque necesitará da experiencia de todos para recuperar concellos, comunidades autónomas e o Goberno", avisou.

Con todo, fontes consultadas suliñan que o "interese máximo" de Rajoy é acordar unha candidatura de consenso. "Nin sinalarei a ninguén co dedo nin vetarei a ninguén nin influirei ou condicionarei", dixo o luns. E, segundo estas fontes, si ten algúns preferidos, pero a súa prioridade é que "haxa acordos" entre todos os sectores cunha "persoa de consenso" para todos, "sexa quen sexa".

MÁIS CANDIDATOS?

Con todo, non se descarta que haxa máis dun candidato, como tamén aconteceu na sucesión de Fraga. O propio Feijóo lembrou que el se presentou contra máis candidatos, pero omitiu dicir que o fixo cando xa había un acordo con algúns deles, que foi o que o levou a liderar o PPdeG. E esa mesma estratexia podería tamén seguila agora. Lanzarase se sabe que pode liderar o PP, aínda que se presenten outros candidatos.

E neste xogo de tronos no que se move agora o PP, o principal obxectivo de Feijóo é chegar a acordos con outros posibles rivais, principalmente, Santamaría. Cospedal, polo momento, vai por libre e busca apoios que non tería Feijóo.  Pola súa banda, o exministro de Fomento, Íñigo de la Serna, tampouco se descartou como posible candidato, aínda que admitiu que "sempre é bo que haxa unha candidatura única". Dito isto, agregou que non pasaría "nada" se se presentan varias.

Haberá que agardar ata a vindeira semana para coñecer o desenlace desta partida. Os aspirantes a suceder a Rajoy dispoñen de prazo do 18 ao 20 de xuño para presentar a súa candidatura ante o congreso extraordinario que o PP celebrará en Madrid os días 20 e 21 de xullo. E ata entón, Feijóo deixarase querer.

Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo
Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo | Fonte: xunta
Temas: FEIJóO RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 marcial dorado

O problema é que Feijoo na Xunta manda, e en Madrid estará na oposición e podería non mandar nunca.... Outro problema é que Madride non é como Galicia, cunha prensa afín grazas a 20 millóns de euros/ano. En Madride non é así, e poderían dicir verdades del libremente. Cousa á que Feijoo non está afeito, el sempre xoga na casa mediáticamente falando, sempre dí a última palabra e coa prensa en positivo ata a morte. Co falso e miserable que é , coas mentiras que conta e cunha prensa en contra a Feijoo desmóntao un parvo, esperade a que Lasexta lle busque as cosquillas e xa veredes que risa...

3 panxho

Feijoo sabe que cun goberno enimigo en Madrid sairán todalas súas carencias como gobernante.

2 Antinostrus

Feixoo pensa-o por: 1. Que quentiño se esta na casa de Monte Pio. 2. Que necesidade ten de por-se a fronte do PP nas suas horas mais baixas...coas que lle fican por caer e pasar a Historia da sua España de Galego Acomplexado como un Fracasado.

1 Eu mesmo

Na segunda foto un do piñeirismo pillando cacho. Noxento...

1 comunista independentista

Certo. Sempre foi un piñeirista de libro, o cal non foi problema para que contase co apoio entusiasta e incondicional dos antigos CAF(brazo estudantil da UPyG) para ser reitor da USC na primeira metade dos '90. Deus dáos, eles xúntanse.

2 Tocabolas

E tentase Retirar-lle a Matricula Gratuita na USC aos Fillos dos Mestres (Prebenda Franquistisima Vergonzosa: como os Reximes Sanitarios Privilexiados- v.g.Muface -ou as Xubilacions aos 60 ) e opor-se-lle a CIGEnsino porque seica era unha Conwuista Historica...que Manda moito Ca ra llo de deus!!.