Temas: FEIJóO PP

Feijóo mantén en espera aos galegos e supedita o futuro da Xunta aos tempos marcados polo PP en Madrid

Di que revelará o seu futuro nun acto convocado "exclusivamente como Partido Popular" e insta a non "mesturar axendas".

Por E.P. | A CORUÑA | 13/06/2018 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O titular da Xunta e presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, insistiu este mércores en que revelará o seu futuro no PP e, polo tanto, aclarará se deixará a Xunta e aspira a relevar a Mariano Rajoy, "nun acto convocado exclusivamente como Partido Popular".

Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo pasean por Pontevedra
Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo pasean por Pontevedra | Fonte: Europa Press

O mandatario autonómico retomou despois de dous días sen actos institucionais a súa axenda presidencial na Coruña e respondeu así as preguntas dos xornalistas sobre cando dará a coñecer o seu futuro e se se presentará como candidato para liderar a dirección nacional do partido.

"Este é un acto do Goberno de Galicia e non podo mesturar axendas", contestou ás preguntas que lla formularon a este respecto, coincidindo coa súa presenza na entrega das bandeiras azuis aos municipios que obtiveron a distinción este ano.

Así, insistiu en que a súa presenza obedecía á súa condición de "presidente de Galicia" e non "á de militante do PP". Por outra banda, remitiuse aos prazos do congreso extraordinario do partido e da presentación de precandidatos, establecidos entre o 18 e o 20 de xuño.

PRAZOS

"Os prazos están para cumprir e todo se fará con normalidade", aseverou Feijóo, quen subliñou que "diga o que diga" non o vai a anunciar nun acto como presidente da Xunta.

"Diga o que diga e cando o diga, direino nun acto convocado exclusivamente como Partido Popular", resolveu ao ser preguntado até en dúas ocasións por esta cuestión.

Á saída da xunta directiva do PP estatal o pasado luns, o dirixente popular xa advertira de que respectará os prazos que se fixaron para o proceso congresual e afirmou que tomaría a súa decisión con "responsabilidade", dada a súa "dobre" condición de militante e de presidente da Xunta.

Temas: FEIJóO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta