Temas: MONFORTE

Detido un profesor de música en Monforte por supostos abusos sexuais

Varias alumnas denunciárono por feitos supostamente sucedidos hai xa uns anos, cando eran menores de idade.

Por E.P. | LUGO | 15/06/2018 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron no municipio de Monforte de Lemos a un home de mediana idade profesor de música despois de ser denunciado por supostos abusos sexuais. Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, o home foi detido este xoves despois dunha denuncia presentada esa mesma xornada por varias das vítimas.

Rúa Roberto Baamonde, 8, en Monforte.
Rúa Roberto Baamonde, 8, en Monforte.

Estaba previsto que o detido, que pasou a noite nos calabozos da Policía Nacional en Monforte, pase a disposición xudicial este venres. A detención produciuse por mor da denuncia de varias alumnas que ían ás súas clases por feitos supostamente sucedidos hai xa uns anos cando eran menores de idade.

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta