Bono permite as linguas autonómicas no Congreso, pero reprende o seu uso

Polémica sesión nas Cortes. Deputados de BNG, CIU e PNV utilizan o galego, catalán e vasco; malia que o castelán é a única lingua admitida no Congreso. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/03/2011 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O presidente do Congreso admitiu o martes o catalán, o galego e o euskera no debate dunha moción na que os partidos nacionalistas defendían poder usar as linguas autonómicas nesta Cámara. Con todo, o político socialista reprendeu posteriormente aos nacionalistas.

PP e PSOE lograron rexeitar a proposta. CiU, PNV, ERC BNG e IU criticaron aos dous principais partidos por negarse a normalizar a pluralidade lingüística no Congreso.

Bono permitiu o uso das tres linguas e asegurou que o facía para demostrar que no Congreso impera a liberdade e porque non quere ver mañá titulares "demagogos" nos que se diga que na Cámara Baixa impídese esa liberdade.

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, fixo a maioría da súa intervención en español, pero comezou e rematou en galego. O político do Bl tildou de incogruente que se teñan producido avanzos no recoñecemento das linguas cooficiais nas institucións europeas “e non se teñan producido avanzos no Congreso”. O recoñecemento no Congreso sería o mellor “contributo para facer do recoñecemento á diversidade un pilar fundamental da convivencia e o respecto entre os distintos pobos do Estado”.

Encubren o “cerril uniformismo” baixo argumentos economicistas

Respeito aos que apelan a argumentos economicistas, o que “tratan de encubrir a súa defensa cerril do uniformismo”. Criticou que non se plantexen os mesmos argumentos para defender que o Parlamento Europeo realice todos os seus traballos en inglés. “Nen oímos que se cuestione o labor do Instituto Cervantes. Nen oímos esos argumentos cando se defendía que a letra Ñ estivese nos teclados dos computadores, até o punto de facer da Ñ un elemento de afirmación nacional española”.

A primeira en utilizar un idioma distinto foi a deputada de CiU Montserrat Surroca, quen finalizou a súa intervención co extracto duns versos en catalán do poeta Joan Maragall: "Escoita, España, a voz dun fillo que che fala en lingua non castelá" ("Escolta, Espanya, a veu d'un fill que et parla en llengua non castelá").

O deputado do PNV Aitor Esteban falou en euskera durante a maior parte da súa intervención. Antes, Esteban lamentou en castelán que PP e PSOE sigan negando aos deputados "nin máis nin menos" que o dereito a falar na súa lingua.

Tras escoitar a Esteban, Bono asegurou que son moitos, incluído el, aos que lles agrada" oír falar en euskera, aínda que ha apelado á "intelixencia" e o "sentido común" do deputado para que defendese o seu moción nun idioma que puidesen entender todos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

1 pordiosyporespaña

Es que este señor Bono es muy blando, parece mentira que haya tenido un padre falangista y que sea tan católico, apostólico y romano. Cómo pretenden esos rojos separatistas hablar en esos arcaicos dialectos en el Congreso. No señor, el las Cortes se habla el español, nada de castellano: el español, la lengua en la que se expresaron los conquistadores durante nuestra gloriosa cruzada de conversión. Un idioma que nos identifica, igual que la bandera roja igualda, la única enseña nacional. No tenía que haberse limitado a reprenderlos, tendría que haberlos expulsado y, en caso de reincidencia, ponerlos entre rejas.

1 CranioF

Toda esta ironía debéuche agotar os miolos polo menos durante dúas horas. Déitate un pouco e dorme.

2 pordiosyporespaña

Seguro que tú eres unos de esos rojos que quieren romper España

3 Alfonso García

JesúsMaríayJose! Pero este día de superlúa espertaron máis que lobishomes! Arrenejado sexa o demo! O que hai que ler por ter ollos!