Monedero, ou a esquerda sen luces de posición

Volvo coas miñas teimas. Monedero debería estar no novo Consello de Ministros aínda que non tivese carteira. Con que puxera o chaleco nos actos oficiais a “esquerda dos de abaixo” sentiriase representada nun goberno que precisa de mais forza. Entrou nas nosas vidas con ese aceno de identidade propia, agora toca aceptalo tal e como é. A quen non lle vaian a súas maneiras e ideoloxía que aprenda das ensinanzas que nos deixou o Raxoi “ debemos de respetar los usos y costumbres de los demas”. Paréceme que en pouco tempo, o seu xeito de ser e de estar na política é un contributo tribal pero cunha pegada que deixará pouso . Polo menos no meu subconsciente xa ten un lugar con dereitos adquiridos.

Por Fermín Paz | Ferrol | 20/06/2018

Comparte esta noticia
Calquera contenda política  gañará intensidade e profundidade se Monedero participa dela, cos seus aportes e suxestións. Os seus argumentos son o de menos, o que interesa é a súa pillería ( lémbrame o Lazarillo de Tormes acoitelando no queixo de Castilla  que o cego sente como seu) , a súa perspectiva estratéxica e sobre todo o seu magnetismo.  Aparenta estar sempre volta en calquera das temáticas a debate porque ten remedios para calquera dos problemas.. É como un feiticeiro dunha película mala do oeste americano que pon cara de libro aberto cando lle consultan sobre as circunstancias da vida ou da alma e ao segundo seguinte  pon a súa mirada en modo chinés (algo parecido  á do “chino Manolo” na Coruña), antes de nos agasallar con calquera   fórmula maxistral das súas.
 
Está no camiño de converterse nun clásico da ciencia política e autor de referencia para  unha esquerda sen luces de posición. Veñen tempos  en que  terá que exprimirse  mais que co PP, obrigado pola necesidade de alumear un espazo propio e a vez en confronto coa socialdemocracia nas oscuridades das novas disputas eleitorales. Quen dixo medo?.  Monedero sempre adiante  e sen tusir.
 
En calquera foro da intelectualidade  é convidado para explicar o porqué da contradición permanente na que está instalado o ser humano e a necesidade que ten de saír dese circulo vicioso no que está collido para volver a  situarse nunha certa coherencia  esixida pola contraposición dos “novos” contrarios no eixo abaixo-enrriba. A súa teses é sinxela : as xentes  que queiran esquencer a vella e decadente política   terán que valeirar  na papeleira de reciclaxe o   seu pensamento filosofico-etico-orgaizativo. Logo deste  desafiuzamento obrigatorio  das  ideas-forza  as novas  quedarán reflectidas na seguinte sintese, si non se pode,  teremos que seguir mallando.
 
Non atoparedes nada mellor  na dialéctica política de hoxe.  Sempre consegue que debuxemos un sorriso cando lle preguntan por algunha cuestión “enferruxada”. Lembrade , o razoamento que fixo para xustificar a merca do novo "palafito" por Montero and Iglesias. Ben puidese ser que ás veces a súa pretensión non sexa outra que converterse na voz ilustrada da xente mundana para socializar o cachondeo  entre @s de abaixo e @s de arriba. Algo semellante  ao confronto entre deterxentes na públicidade  sen enganos  do “Fairy”, que  deixa niquelada toda vaixela  mentres @s da outra equipa quedan reventad@s e deixando o choio a medio facer.  Ao final, festa rachada e colorin colorado.
 
Admiro a personalidade deste Sr, aínda que ás veces  algúns analistas e opinadores o infravaloren . Descoñecen  tamén o seu potencial monologuistas e comediantes. As súas intervencións son como o canto dun xílgaro desafinado que antes de quedar calado prefire seguir  “dando o cante”. Non dubidará en  ofrecerse como  primeiro voluntario  para segar  a herba no cómbaro de Galapagar cunha “Bertolini " se as bases o aproban en referéndum no caso de que a operación inmobiliaria volte ao candeleiro.
 
Aos poucos foise facendo un oco e agora brilla con luz propia. Xa non depende de ninguén, nin tan sequera de Podemos. Non sería estrano que a moda española fixese do seu chaleco unha referencia modernista  do vestir e que aparecera nas campañas das excelencias de Zara, Amazon ou El Corte Inglés (xa que non houbo primavera agora que chega o verán, terán que  facer algo anovador). 
 
É indiscutible que estamos diante  dun “crack” na linguaxe tabernaria. Logo de quedarse sen responsabilidades coñecidas na súa organización política agora exerce de comodín e tanto utiliza a súa  autoridade moral constitúente de Podemos, como vixía   calquera desviación da liña e avisa cando considera que esta empeza a curvarse. Quizais por iso apareza en todos os "fregados" e seguramente non o fai por figurar senón polas responsabilidades que se autoimpuxo no proxecto colectivo. 
 
Preguntome cal será o lema que vai proponer para empregar contra Sánchez por deixalo fora do Consello de Minist@s? Algo inventará.
 
Pode que vaia sendo hora  de voltar a preguntarse de novo,  o  que facer? Neste tempo que ven de confrontos obrigados na chamada esquerda, Monedero  só ou con outr@s, van ter que poñer luces de situación en Podemos + Aliad@s para non quedar esfarelados .  Terán que precisar as súas dimensións  para que os demais  vexamos  cal é a fondura e as lateralidades da súa acción política. Os rebumbios  teóricos despexarán coa recomposición dos espazos políticos.
 

Pablo Iglesias no debate no Congreso sobre o Consello Europeo
Pablo Iglesias no debate no Congreso sobre o Consello Europeo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.