Xerais porá á venda "de forma inmediata" a edición en galego de 'Fariña'

Tras levantar o secuestro da publicación a Audiencia Provincial de Madrid, a Editorial Xerais, que ten os dereitos en galego do libro 'Fariña' de Nacho Carretero, porá á venda o libro "de forma inmediata" nas librarías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A editorial Xerais, que ten os dereitos en galego do libro 'Fariña' de Nacho Carretero, porá á venda o libro "de forma inmediata". Así o asegurou o director editorial de Xerais, Francisco Alonso Villaverde, quen considerou "acertada a decisión" xudicial de pór fin ao secuestro da publicación.

Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero
Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero

"Non tiña sentido que o libro seguise bloqueado", afirmou o director de Xerais, para engadir que esa situación "afecta á liberdade de expresión". Por iso, manifestou que "o máis inmediato posible" sairá á venda a edición en galego de 'Fariña'. "O libro está listo para ir ás librarías", sentenciou Francisco Alonso.

Xerais tiña previsto publicar a pasada primaveira a obra en galego, pero quedou paralizada a súa comercialización polo secuestro ordenado por un xulgado de Collado Villalba a petición do exalcalde do Grove José Alfredo Bea Gondar.

A medida cautelar, agora levantada, levaba tamén a prohibición de impresión e comercialización de novos exemplares. Agora, a Audiencia Provincial de Madrid ditou un auto no que revoga a resolución do Xulgado de Instrución Número 7 de Collado Villalba de secuestrar o libro 'Fariña' como medida cautelar, ante a demanda presentada polo exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ruben

Unha boa nova entre tanta maré revolta neste estado predemocrático que aínda temos que aturar. A desfrutar da lectura de "Fariña"