Sen rumbo fixo nas relacións laborais

O outro día acudin a tomar un café co xefe da inspección de traballo da provincia de Pontevedra. Nese café Xose María Casa de Ron falou longo e tendido da situación actual das relación laborais na provincia de Pontevedra . Coñecedor profundo da situación sempre é un placer escoitar ao Mestre Casas. O coloquio longo e variado en temas deixaría moitos puntos para a reflexión.

Por Arán Feijoo | Vigo | 24/06/2018

Comparte esta noticia
Se embargo un deles chamoume a atención... Temos na actualidade catro millóns de emprendedores --autónomos e a forma mais coloquial e menos sofisticada de dicilo--. Isto e moito, pois si, moitisimo sobre unha pobación avellentada ou pensionista, ou menor de idade, de case dezaseis millóns de persoas. É unha barbaridade. Temos tres veces máis emprendedores que países como Francia que nos doblan en poboación activa.
 
Este aumento de falsos autónomos ven dado polas medidas realizadas nos últimos anos para paliar o principal problema do país , o desemprego: as tarifas planas para autononomos, os incentivos a montarse un negocio pola sua conta e as star ups. Isto conseguiu disminuir os número de parados das estadísticas pero causaron un efecto devastador nas relación laborais.
 
Xa que as relación laborais son aquelas onde existe un empresario e un traballador por conta allea. E sempre haberá persoas con carácter de empresarios e persoas con carácter de trasballadores por conta allea, como dicía o Profesor Casas. E certo polo tanto agora tendemos a tender un empresario que se rodea de pequenos autónomos dependentes que realmente son os seus traballadores.
 
Esta destrucción das relación laborais e o orixe da destrucción dos interlocutores socias. Os sindicatos representan agrupan e defenden a traballadores asalariados e as organizacións patronais defenden a empresarios nas suas relación cos traballadores. Ao ser todos emprendedores, ou mellor dito Star Ups , este modelo fixado nos limites que todos temos que acatar da Constitución estase quedando obsoleto o mesmo ritmo que o sistema tradicional de relación laborais.
 
O maior perigo; que eses catro millons de autoempregos que iniciaron os seus negocios coas cotas cero de seguridade social, as subvencións para impulsar o emprendemento e os prestamos cun tipo de interese cero non consigan finalizar a sua travesía no deserto e consolidarse. Isto dará lugar a un panorama das relación laborais desarticulado. A axenda 2020 marca que o noso país nesa data vai ser un País industrializado cunha base tecnolóxica forte na elaboración de produtos para a exportación.
 
O Ministerio de traballo di nas suas estadísticas que, na actualidade, somos un Pais de autoemprego cuxo mercado maior esta en clave interior. O emprendemento foi una solución necesario ou non pero una solución a una situación de emerxencia , xa que eu non esquezo que fai non tanto tempo as estatísticas da EPA falaban de case seis millons de inactivos. Pero o 2020 esta aí ao carón e o tempo corre, sendo necesaria estabilidade e un rumbo definido e claro. Os bandazos e cambios de rumbos nun barco só levan a perder o camiño.  
 
O plan de Inspección para este 2019 e o plan do Ministerio de traballo da Ex ministra Fatima Bañez a actual ministra Magdalena Álvarez tera en principio que traballar con él xa que as partidas presupuestarias  están asignadas, sen embargo esta e una suposición os novos directores xerais ainda non están nomeados e ata despois de verán non se fará efectivo o seu nomeamento. 
 
¿Manteremos o rumbo fixado ata o 2020 en materia de seguridade social e empleo?
 
Para os técnicos está claro. Sen embargo, é evidente que en moitas ocasións os intereses políticos non coinciden necesariamente cos criterios racionales dun técnico.
                                           
 A ver que pasa...
 

Oficina de emprego
Oficina de emprego
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn