Temas: CANGAS ACCIDENTE

Un cambio do vento provocou a morte dun parapentista en Cabo Home

Outro resultou ferido e conseguiu chegar a nado a terra tras o accidente, na tarde noite deste mércores.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2018 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Un parapentista faleceu e outro resultou ferido na tarde noite deste mércores despois de caer ao mar cando sobrevoaban Cabo Home, no municipio de Cangas. Segundo fontes consultadas por GC, o feito tivo lugar por un cambio no vento, o que impediu que os dous homes chegaran á costa.

Cabo Home
Cabo Home

Os dous homes, de 46 e 54 anos, precipitaronse no mar tras este cambio brusco do vento. Un deles conseguiu desprenderse de todo o material que portaba, incluída a "vela",  mentres que o outro non conseguiu facelo. Precisamente, o peso de todo o material que portaba puido provocar que acabara afogando, segundo as fontes consultadas.

O suceso tivo lugar entorno ás 21,00 horas. Os dous homes caíron a 100 metros da costa e a unha distancia de 200 metros o un do outro nas augas de Cabo Home, enfronte á estatua da caracola.  Pertencían ao Club de Parapente do Morrazo e tiñan unha longa experiencia neste deporte.

Segundo o 112, o parapentista falecido foi rescatado por unha embarcación que se atopaba pola zona, que recolleu o corpo da auga e trasladouno ao peirao. Afortunadamente, o outro parapentista conseguiu chegar a nado a terra e foi traslado nunha ambulancia ao centro de saúde da localidade pontevedresa.

Temas: CANGAS ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta