Pode un candidato dirixir a radio local?

O PP presenta os seus 315 candidatos como alternativa ao susposto malgasto intrínseco nos bipartitos. Un dos últimos alcaldábeis en presentarse é o de Arzúa, xornalista de profesión.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/04/2011 | Actualizada ás 21:59

Comparte esta noticia

Os conservadores presentaron este domingo os seus 315 alcaldábeis cun discurso centrado nas presuntas eivas de ZP e os bipartitos."Non hai máis perda de tempo e de diñeiro que os bipartitos que saen contra as urnas, posto que nos fan perder diñeiro cos seus soldos e contrasoldos; coa súa publicidade e a súa contrapublicidade; cos seus asesores e contraasesores; co seu alcalde e o seu contraalcalde e con divisións, disputas e descoordinacións" di Feijóo na presentación dos seus 315 candidatos.

None

O cabeza de cartel en  Arzúa , confirmado oficialmente esta fin de semana, era tamén director da emisora muncipal até que o alcalde, militante do BNG, o trasladou temporalmente. O nacionalista Xaquín García,  cometeu un "delito electoral, prevaricación e mobbing" ao tomar esta decisión, segundo unha querela presentada nos xulgados polo PPdeG este venres.

García apartou a Armando Cascón do cargo temporalmente ao confirmarse a súa candidatura como candidato conservador. O político do BNG cre necesario que a radio municipal manteña a neutralidade en época electoral. García tamén aprobou as vacacións que pediu Cascón ao ser trasladado.

Para o PPdeG, a decisión de alonxar a Cascón dos micros "vulnera os dereitos fundamentales dun traballador e dunha persoa a presentarse libremente ás eleccións polo partido que estime".

Ademais de en Arzúa, o PPdeG fichou para a lista de Lugo a outro coñecido xornalista radiofónico, Arcadio Silvosa, director de informativos da Cadena Ser da cidade das murallas. 

 

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Ramón

De xornalista de profesión nada... aínda sequera fora xornalista..

4 ESES SI QUE INSULTAN...

RADIO GALEGA : EN MANS DE DELINCUENTES E INCOMPETENTES - S.O.S.

3 Andamolho

Democracia,imparcialidade informativa,xornalismo etico,tudo iso desaparece na TVG,na television do PP,lamentabel e escandalosa manipulación por parte da TVG que abre os informativos cunha imaxe dos candidatos do PP e co rotulo un proxecto de futuro para Galicia,apesta a manipulación a que chegan estes pseudodemocratas: http://agalegainfo.crtvg.es/videos/...

1 Andamolho

Tudo isto só merece unha resposta,NON VOTES PP.

2 uzal

A directora da TVG encabezará a candidatura do PP á presidencia da Xunta e manterá o seu cargo durante a campaña electoral. Que tal soa este titular? Arzúa sera ben máis pequena pero o exemplo vale perfectamente

1 Xusto

Un xornalista que vota ao PP non pode presentarse a alcalde. Se fora do BNG ou do PSOE, sí, porque faino polo ben do povo. Os do PP só procuran o seu interese particular.Se Miranda cobra dietas indo no coche de outro é delicto. Se o fai Laura Seara, está ben feito.

1 outeiro de san xusto

Se un do PSOE ou do BNG ten intereses nunha inmobiliaria que lle da licencias é un escándalo, 200 alcaldes/construtores do PP non. Se un do PSOE/BNG está imputado debe dimitir, 200 do PP non, se un do PSOE/BNG é xulgado e condeado por culpable línchase mediáticamente, Baltar, Louzán, Telmo Sanmartin preséntanse nestas. Se un do BNG se reúne cun empresario nun barco, escándalo. Se Rajoy se reune con empresarios/narcotraficantes nun barco non só non é escándalo senón que o director do xornal que o publique é expulsado pola extorsión do PP ós media.....e así ata o infinito...

2 Xan de San Xusto

Ben dito outeiro! Nótase que desde o outeiro ollas ben as cousas

3 Compostelanaa

E digo eu non será máis sano para todos os que pagamos impostos dicir que sexa cal sexa o signo político se é un delincuente ou fai un mal uso do seu cargo político debe ser sancionado!!!! e que vamos vamos....

4 Andamolho

Si Compostelanaa,os delincuentes,os que aproveitan cartos publicos para facer o xogo a un partido concreto prostituindo así as normas mais basicas dunha verdadeira democracia,velaqui un exemplo: http://agalegainfo.crtvg.es/videos/... Fora delincuentes da politica!!