Compite en bici de montaña para loitar contra a enfermidade rara que padece a súa filla

Quico Muñoz, afincado en Burela, disputará o Iron Bike para visibilizar a epidérmolis bullosa, coñecida como pel de bolboreta. A doenza caracterízase por unha extremada fraxilidade cutánea que dificulta a utilización dos pés e das mans ou a alimentación e que converte aos pícaros en dependentes ao cento por cento dos seus pais.

Por Galicia Confidencial | Burela | 08/07/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia