Transcorridas case 24 horas, o tráfico no alto do Fiouco da A-8 permanece cortado por mor da néboa

A visibilidade continúa sendo reducida e barállanse varias opcións de cara a acabar cun problema que obriga con frecuencia a cortar a circulación pola presenza de néboa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2018 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A néboa volveu a obrigar a cortar a circulación no Alto do Fiouco da Autovía do Cantábrico, en Mondoñedo. Así, desde as 17,00 horas do pasado sábado, o tráfico permanece interrompido en ambos sentidos neste punto da A-8. Segundo confirmou a Dirección Xeral de Tráfico, a presenza de néboa neste punto motivou o corte total á circulación entre os quilómetros 536 e 552.

Autovía A-8 con néboa e mal tempo, Lugo, Mondoñedo. EUROPA PRESS - Archivo
Autovía A-8 con néboa e mal tempo, Lugo, Mondoñedo. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Transcorridas case 24 horas desde a aplicación da medida, o tráfico non foi restablecido, xa que a visibilidade continúa sendo reducida nun punto para o que se barallan varias solucións de cara a acabar cun problema que obriga con frecuencia a cortar a circulación pola presenza de néboa.

Os vehículos que circulan en ambos os sentidos pola A-8 están obrigados a desviarse pola estrada Nacional 634 ao seu paso pola localidade lucense de Mondoñedo. O pasado mes de abril foi instalado un novo sistema de balizas intelixentes en climatoloxía adversa (BICA), que ten por obxectivo axudar á condución con néboa densa na Autovía do Cantábrico, a A-8, ao seu paso polo alto do Fiouco.

Trátase da última medida implementada para afrontar os frecuentes cortes de tráfico que se producen neste punto, onde, en xullo de 2014, apenas cinco meses despois da inauguración da A-8, medio centenar de condutores e usuarios resultaron feridos de diversa consideración ao verse implicados nun accidente de circulación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta