Temas: LUGO HULA PPDEG PSOE

O PSOE de Lugo denuncia precariedade na atención de infartos no HULA

A espera media para atender un infarto no Lucus Augusti é case unha hora superior que noutros hospitais, segundo datos de Sanidade. Álvaro Santos, secretario xeral dos socialistas na provincia, apunta a intereseses "escuros", "inexplicables" e "inxustificables" por porte da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2018 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A diferenza con outros hospitais dispárase até case unha hora en canto á espera media para atender un infarto no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, segundo os datos do Rexistro Galego de Infartos (Regaliam) que deu a coñecer o secretario xeral dos socialistas da provincia, Álvaro Santos. É por iso que apremarán, vía Parlamento de Galicia, a que a Xunta estenda o servizo a todo o día --agora funciona de oito da mañá a dez da noite--, algo que ven "inescusable".

Protestas no HULA pola falla de varios servizos
Protestas no HULA pola falla de varios servizos

Santos, que protesta porque os datos do Regaliam "non son públicos na súa totalidade", reparou en que "os poucos que dan demostran que (os lucenses) están a ser maltratados polas decisións do Partido Popular na Xunta".

Así, debullou que hai "155 minutos de tempo desde o aviso dun infarto á atención, cando noutras provincias é de 102 minutos". "É case unha hora de diferenza", clama. A isto sumou que en Lugo prodúcese "o dobre de taxa de mortalidade que noutras provincias cando (os lucenses) sofren un infarto".

"Iso significa que o feito de que hemodinámica non funcione as 24 horas está a ser negativo para a saúde e a vida dos veciños da provincia. Por iso levamos esta iniciativa (ao Parlamento galego) para que este servizo opere todo o día, sen escusas, sen dilatación", urxe.

"INTERESES INEXPLICABLES"

E é que Santos ten claro que isto, que non se estenda o servizo de hemodinámica ás 24 horas, obedece a "intereses inexplicables, que responden unicamente o desprezo de Feijóo e do PP aos veciños de Lugo".

"Non hai ningún interese sanitario que o poida justificar. Ten que ser algún interese escuro e descoñecido, un interese que afecta ao PP, que afecta directamente o presidente da Xunta ou ao conselleiro de Sanidade", afeou finalmente o líder dos socialistas lucenses.

Temas: LUGO HULA PPDEG PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta