Investigan a procedencia de 15 cabezas de tenreiros tiradas nun regacho de Carballedo

A Garda Civil de Lugo abriu unha investigación para tratar de determinar a procedencia de 15 cabezas de tenreiros que apareceron nun regancho de Carballedo. O alcalde xa puxo en coñecemento do asunto á Consellería de Medio Ambiente, polo que xa é competencia da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2018 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Lugo abriu unha investigación para tratar de determinar a procedencia de 15 cabezas de tenreiros que apareceron flotando na tarde deste luns "nun pequeno regacho" do lugar da Tolda, pertencente ao concello lugués de Carballedo.

Carballedo, en Lugo
Carballedo, en Lugo | Fonte: Wikimedia

Así o confirmou este martes o alcalde do municipio, Julio Yebra Pimentel, quen cualificou o suceso de "pouco habitual". A voz de alarma deuna un traballador municipal quen, sobre as 20,00 horas do luns, avisou ao alcalde, que se acudiu no lugar e avisou tamén á brigada da  Garda Civil. Esta procedeu á retirada das cabezas dos tenreiros da auga "en sacos de plástico" que foron depositados máis tarde nunha nave municipal, á espera de que sexan analizados polas "autoridades pertinentes".

En canto ás pescudas, o rexedor mantén que por agora "non se sabe o tempo que levaban alí esas cabezas", e engade que "o que si está claro é que eran de matadoiro, porque as cabezas teñen o disparo no cranio". Así mesmo, Yebra Pimentel tamén confirmou que xa puxo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente este asunto. Neste sentido, indicou que "agora é competencia da Xunta recoller e analizar esas cabezas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta