Temas: FRASEOLOXíA

“Pasarlle o sol pola porta”, equivalente á paremia castelá “pasársele el arroz”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago | 15/07/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Cando, na nosa cultura tradicional, unha persoa superaba o limiar do que se consideraba o tempo máis ou menos axeitado para casar, e polo tanto se entendía que xa non ía facer, empregábase a expresión pasarlle o sol pola porta. Por extensión, esta paremia pasou a ser utilizada tamén naqueles contextos en que se coidaba que a alguén xa lle pasara o momento axeitado para facer algo, e que hoxe en día tantas veces escoitamos a través da paremia pasárselle o arroz, a cal non sería nada de estrañar que constituíse un calco da correspondente castelá pasársele el arroz (sen prexuízo de que as instancias pertinentes o poidan admitir, ou non, como normativo).

Eclipse solar en 2005
Eclipse solar en 2005 | Fonte: ComputerHotline wikipedia

Pasársele el arroz a alguien

{= 1. Pasarlle o momento axeitado para casar. 2. Por extensión, pasarlle o momento axeitado para facer algo ou para facer ben algunha cousa.}

Pasarlle o sol pola porta

Pasarlle o sol por diante da porta

Ex.: Con veinticinco años, en la plenitud de su carrera, era el pívot más codiciado de la liga, pero hoy en día ya se le pasó el arroz.

Con vinte e cinco anos, na plenitude da súa carreira, era o pivote máis cobizado da liga, pero hoxe en día xa lle pasou o sol pola portapero hoxe en día xa lle pasou o sol por diante da porta.

● Tamén, en moitos contextos:

Estar # Quedar reseso

Ex.: Con vinte e cinco anos, na plenitude da súa carreira, era o pivote máis cobizado da liga, pero hoxe en día xa está resesopero hoxe en día xa quedou reseso.

● Tamén, en contextos, indicando que xa se está nun momento, ou xa se chegou a un momento, en que é tarde para algo:

Despois de que se mete o sol é noite && Despois de que se pon o sol é noite && Ó meterse o sol é noite && Ó poñerse o sol é noite

Ex.: Ahora, con casi cincuenta años, ¿quieres tener un hijo? ¡Pero no ves que ya se te ha pasado el arroz!

Agora, con case que cincuenta anos, ¿queres ter un fillo? ¡Pero ti non ves que xa che pasou o sol pola porta que xa quedaches reseso que despois de que se mete o sol é noiteque ó poñerse o sol é noite!

● E inda tamén, nesta mesma liña, en bastantes contextos, e case sempre facendo referencia explícita a unha boa oportunidade que non se debe deixar pasar, ou, máis habitualmente (e utilizando neste caso as expresións en tempo pasado), a unha boa oportunidade que se deixou pasar e que para a cal agora xa é tarde:

Pasar(le) el tren

Pasar(lle) o tren

Ex.: Ahora, con casi cincuenta años, ¿quieres tener un hijo? ¡Pero no ves que ese tren ya (se te) ha pasado!

Agora, con case que cincuenta anos, ¿queres ter un fillo? ¡Pero ti non ves ese tren xa (che) pasou!

Ex.: Pudieron ficharlo por la mitad del precio que en estos momentos están ofreciendo otros equipos, pero se durmieron en los laureles y ahora ese tren ya pasó.

Puidérono fichar pola metade do prezo que nestes momentos están a ofrecer outros equipos, pero deitáronse nas pallas e agora pasoulles o sol pola portapero deitáronse nas pallas e despois de que se mete o sol é noitepero deitáronse nas pallas e agora ese tren xa (lles) pasou!

NOTAS:

1. Nas paremias Despois de que se mete o sol é noite e Despois de que se pon o sol é noite, a secuencia “despois de que” é susceptible de ser substituída por locucións sinónimas, do tipo de “ó que”, “da que”, “unha vez que”, “logo de que”... (ó que # da que # unha vez que # logo de que se mete o sol é noite). Ex.:

Agora, con case que cincuenta anos, ¿queres ter un fillo? ¡Pero ti non ves que ó que se mete o sol é noite que da que se pon o sol é noite que unha vez que se mete o sol é noite que logo de que se pon o sol é noite!

2. Así mesmo, as paremias Despois de que se mete o sol é noite, Despois de que se pon o sol é noite, Ó meterse o sol é noite e Ó poñerse o sol é noite tamén se usan en certos contextos en que o que se pretende expresar é que as cousas as hai que facer cando existe a oportunidade, xa que despois pode ser tarde (neste sentido, poden confluír en contextos coa paremia castelá la ocasión la pintan calva, que abordaremos no seu momento). Ex.:

Aprovecha ahora y vete de viaje con tu novia, que a lo mejor el próximo año no puedes.

Aproveita agora e vai de viaxe coa túa moza, que despois de que se mete o sol é noite que despois de que se pon o sol é noite que ó meterse o sol é noite que ó poñerse o sol é noite e se cadra o ano que vén xa non podes ir.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta