Unha oportunidade para os axentes sociais

Estes días a actual ministra de traballo Magdalena Álvarez adiantou a intención de modificar o estatuto dos traballadores para volver dar primacía ao convenio colectivo sobre o convenio de empresa.

Por Arán Feijoo | Vigo | 13/07/2018

Comparte esta noticia

Esta é unha boa noticia para os axentes sociais. Patronal e sindicatos xa que o seu labor constitucional e primordial é a representación e defensa dos seus asociados, empresarios nun caso e traballadores noutro. Esta representación e defensa realízase mediante a negociación colectiva.

Traballadores da xustiza  en Pontevedra
Traballadores da xustiza en Pontevedra

O Convenio colectivo é ese contrato marco, ese contrato de tipo global que encadra os requisitos de dereitos e deberes nun sector para os empresarios e os traballadores englobados nel. Ademais é o único acordo privado que ten efectos de lei e o seu contido é vinculante para os asinantes e non asinantes se están encadrados dentro do seu ámbito de actuación.

Cando no xa afastado 2012, o goberno de quenda decidiu flexibilizar as relacións laborais co fin de deter ou polo menos paliar a sangría de desempregados. Permitiu que os acordos de empresa, os denominados convenios de empresa, primasen sobre os acordos de sector. É dicir un acordo entre traballadores e empresario dun taller tiña máis peso e volume que o realizado polo conxunto do sector dos talleres. Isto xunto coa posibilidade de descolgue do convenio por parte das empresas.

Isto que xero un evidente abaratamento das condicións de traballo e é certo freo a sangría de desempregados. Tamén causo un dano importante aos axentes sociais. A patronal e as organizacións sindicais teñen como orixe e fin ultimo a negociación colectiva. Certo é que para pagar ou manter as súas aparatosas e en ocasións obsoletas estruturas, realizan en moitas ocasiones labores que os asemellan máis a academias ou centros de formación que a axentes sociais. Preocupándose máis en ocasións de alugar espazos coma se tratásense de centros de negocios e de tramitar subvencións que dos seus representados.

Con todo a súa razón de existir é a negociación colectiva, o ser interlocutores das administracións e en ocasións ser elementos de presión a favor dos seus asociados.
A modificación de 2012, foi en conxunción coa diminución dos fondos dedicados ás subvencións a puntilla dos axentes sociais que non souberon adaptarse aos novos tempos e seguen arrastrando moito peso morto e malos hábitos duns tempos de esplendor xa afastados onde a utilidade da organización non era tan relevante tendo en conta das inxeccións económicas que a mantiñan de forma artificial e en moitos casos artificiosa.
A devolución do seu papel primordial a estes axentes sociais , é unha boa noticia que espero que

estes saiban aproveitar para iniciar un proceso de renovación que os seus asociados demandan desde hai xa tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn