Temas: BNG

O BNG dá a coñecer "Sumar por Galiza", canción para o 25 de xullo

A formación política repite por segundo ano o formato de videoclip.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2018 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Interpretada por Aida López --Cuarta Xusta-- e Jasper --vocalista de Nao--, a canción 'Sumar por Galiza' é o "himno" escollido este ano polo BNG para os seus actos do 25 de xullo. Con el, pretende "animar a sumar para abrir un tempo novo de esperanza", segundo recolle un comunicado.

Ana Pontón, este lunes. BNG
Ana Pontón, este lunes. BNG

Deste xeito, a formación frontista que lidera Ana Pontón repite por segundo ano o formato de videoclip para chamar a participar na mobilización que cada ano transcorre polas rúas de Compostela o Día da Patria Galega.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta