Feijóo sobre o recoñecemento da Xunta ás vítimas franquistas: “Gañamos tres veces nas urnas”

O presidente galego evita solidarizarse coas vítimas, os asasinados e as represaliadas provocados polo golpe fascista de Franco no 36.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/07/2018 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

“Este pasado mércores fixéronse 82 anos do golpe de estado de Franco. Cre que desde as institucións, nomeadamente desde a Xunta, se ten reparado o dor e o sufrimento que sufriron as vítimas e represaliadas durante o franquismo?”. Esta é a pregunta que Galicia Confidencial lle fixo este xoves ao presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

Un asunto, o da represión franquista, que non lle gusta a Feijóo. Por iso foi directamente pola tanxente na súa resposta. De feito, evitou contestar e respondeu facendo gala das tres vitorias consecutivas que ten conseguido como líder do PP en Galicia.

Somos un goberno democrático. Gañamos tres veces nas urnas e iso acredita que hai un goberno que ten maioría de votos. E non temos porque reivindicar a nosa democracia porque somos produto directo da democracia, a máis clara e nítica de todas as autonomías”, limitouse a responder sen aludir, en ningún momento, ao sufrimento da dictadura fascista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 Gamela

Alguén debera preguntarlle tamén a Abel Caballero que opinión ten da Cruz do Castro e por que convoca Plenos o día 18 de xullo (e os suspende para volver pola tarde) Semella que ten moita querencia polo ORDENO e MANDO !!! https://flic.kr/p/27eYtpj

3 PioXV

Um odioso crime dos que se enchem a boca dizendo que os criminais som os demais: https://es.wikipedia.org/wiki/Luisa... Foi assassinada estando grávida, algo que só uma certa odiosa ideologia é quem de fazer.

1 Fernando G

Como si los de izquierdas no asesinaseis a cientos de mujeres embarazadas en la Guerra Civil. Y siguieron haciéndolo vuestros amigos de ETA en los años 80: http://blogs.libertaddigital.com/in...

2 PioXV

FernandoG: O senhor é tam fanático que, como a maioria, nem sequer leu a ligaçom para saber de que ía a cousa. Você vaia-se à fava, meu.

2 anonimo9803

¿Solidaridad con las víctimas de las chekas? ¿O con los muertos del bombardeo contra la población civil de Cabra (Córdoba)? Ah no, que cuando es la II República quien asesina entonces no pasa nada.

1 Marcha can!!

Non estarás confundindo ás vítimas do franquismo coas vítimas da guerra do 36-39?. Porque sempre sae un fachiña curuñés cosmopaleto fillo de militarra de la capitanía del noroeste a ornear a súa ignorancia cando alguén se queixa do xenocidio franquista?...probe xente...

1 Cidadán

Vergoña que o Nuñez Feijóo non soubese contestar preguntando polas decenas de miles persoas asasinadas pola esquerda en 1936-1939 por ser curas, monxas, xente que ía a misa ou lía o ABC

1 Marga

Pois xa sabes, Cidadán, vota Ciudadanos. Filofascistas coma ti. E aprende historia de Galicia, porque neste país non houbo guerra civil, só asasinaron ás autoridades elixidas polos galegos e logo comezaron corenta anos de xenocidio. O mais estraño é que Feixóo (en español "frijol" ou "habichuela"), coma Pablo Casado, é franquista sen coñecer a Franco...

2 Cidadán

Ti coñeces o mesmo de historia de Galicia que de xaponés. Neste país houbo en 1936 a mesma guerra civil que en Madrid, Cadiz ou Zaragoza. Outro tema é que a gran maioría dos galegos de entón optasen polo bando dos bos, e non polo dos de Stalin. Se non che gusta peor para ti.