Falece un motorista de 75 anos en Mos (Pontevedra)

Un home de 75 anos, que conducía un ciclomotor, faleceu ás 13,15 horas deste domingo, nuns feitos que está a investigar a Garda Civil, que valora unha posible morte natural.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2018 | Actualizada ás 17:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de 75 anos, que conducía un ciclomotor, faleceu ás 13,15 horas deste domingo, nuns feitos que está a investigar a Garda Civil, que valora unha posible morte natural.

Accidente en Mos este domingo. GUARDIA CIVIL PONTEVEDRA
Accidente en Mos este domingo. GUARDIA CIVIL PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Segundo informou a Garda Civil, o home sufriu unha caída do ciclomotor, cando circulaba pola estrada local Alto de Borreiros, en Santiaguiño, en Mos.

O home é un veciño da localidade. Até o punto desprazáronse axentes da Garda Civil, que están a investigar as causas do falecemento e non descartan unha posible morte natural.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta