Morre un home de 65 anos en San Cristovo de Cea (Ourense) pola picadura dunha avispa autóctona

Un home de 65 anos veciño da parroquia de Parada, no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, faleceu na tarde do pasado sábado pola reacción á picadura dunha avispa, insecto ao que era alérxico.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2018 | Actualizada ás 19:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de 65 anos veciño da parroquia de Parada, no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, faleceu na tarde do pasado sábado pola reacción á picadura dunha avispa, insecto ao que era alérxico.

O suceso tivo lugar ás 18,00 horas do pasado sábado. O falecido atopábase traballando nunha horta situada nas inmediacións da súa casa, en Parada.

Após notar a picadura do insecto, ao que era alérxico, o home acudiu ao interior da casa, onde a súa muller lle aplicou unha inxección de adrenalina.

Urxencias Sanitarias 061 mobilizou unha ambulancia e o helicóptero medicalizado, que se desprazaron ao momento. Con todo, os efectivos sanitarios non puideron facer nada pola vida do home, que faleceu no lugar.

Trátase da terceira vítima mortal por picadura de avispa nunha semana. O primeiro caso produciuse en Viveiro o pasado día 14 a consecuencia da picadura dunha avispa autóctona. Días máis tarde, un veciño do Porriño faleceu cando realizaba tarefas de limpeza nunha leira. O home foi atacado por avispas velutinas. Todos eles eran alérxicos ás picaduras de avispa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta