A Xunta aposta polo seu propio plan para “ordenar” e “planificar” o urbanismo dos concellos

O presidente defende o plan básico autonómico para rematar co “caos urbanístico” en máis de 200 concellos galegos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/07/2018 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

“É a mellor ferramenta que existe para tentar ordenar o urbanismo galego”. Alberto Núñez Feijóo está convencido de que o novo plan básico autonómico de urbanismo servirá para poñer fin a décadas de desorganización no urbanismo de concellos e vilas galegas. 

Operarios traballando na construción dun edificio
Operarios traballando na construción dun edificio | Fonte: EP

Por iso, o Consello da Xunta deste xoves deu o visto e prace a este plan que, entre outros obxectivos, ten como finalidade definir as áreas para recaudar informes urbanísticos e, sobre todo, por en marcha “ordenanzas tipo” de urbanismo para os concellos que teñan limitacións para aprobar o seu Plan Xeral de Ordeamento Municipal (PXOM).

Este nova norma substituirá ás normas subsidiarias e complementarias provinciais que datan do ano 1991 e poden beneficiar, segundo Feijóo, a 219 concellos. Aos 38 que teñen menos de 5.000 habitantes de xeito directo e a outros 167 que teñen normas subsidiarias.

De feito, o presidente galego destacou que oito concellos de menos de 5.000 habitantes xa pediron que sexa a Xunta, ao abeiro deste plan autonómico, a que se encargue do seu planeamento urbanístico municipal. “Temos que darnos de conta que en Galicia temos 39.000 núcleos de poboación e que a maior parte deles está sen urbanizar”, suliñou.

“Do que se trata é ter un marco legal para alguén que queira facer unha casa no rural ou para unha empresa que se queira instalar en concellos pequenos”, suliñou na rolda de prensa posteiror ao Consello da Xunta.  Por iso, animou aos concellos a adherirse a este novo plan autonómico, “o primeiro que fai unha autonomía”, presumiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta