Máis de 350 pezas para reflexionar sobre o superheroe do século XXI

A sede de Afundación na Coruña acolle unha mostra do valisoletano David Aja e o ourensán David Rubín, dos dos autores de cómic máis recoñecidos na actualidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/07/2018 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Os superpoderes e os superheroes nun percorrido de máis de 350 pezas para reflexionar sobre estes conceptos no século XXI. En clave de banda deseñada e da man de David Aja e David Rubín, dous artistas coñecidos e recoñecidos no nacional e no internacional.

Gran Hotel Abismo, traballo de Marcos Prior e David Rubín
Gran Hotel Abismo, traballo de Marcos Prior e David Rubín

A inauguración da exposición ten lugar este martes 31 ás 11:00h, na sede Afundación da Coruña, coa participación do comisario da mostra, Asier Mensuro, e a coordinadora da Sede Afundación da Coruña, Beatriz Aler. "Superpoderes. David Aja e David Rubín" poderase visitar ata o vindeiro 29 de setembro

A mostra conforma un percorrido por máis de 350 obras que reflexionan sobre o
símbolo do superheroe no século XXI a través destes dous artistas que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano.

Entre outros, neste proxecto expositivo poderase gozar dos traballos máis importantes para a editorial Marvel de Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers ou Captain America; ou das obras de Rubín El Héroe, Aurora West, un spin off da popular serie Batling Boy de Paul Pope, ou ilustracións de personaxes como Batman ou Spirit.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta