Temas: MULTA ESTIBA VIGO

A CNMC multa con 3,4 millóns a empresas e sindicatos da estiba de Vigo

Por restrinxir a competencia impedindo a descarga de vehículos a traballadores non estibadores. Logo destas sancións, o Presidente do Porto de Vigo, López Veiga, prevé o fin das prácticas "anticompetitivas" e confía en que a liberalización abarate custos e beneficie, entre outros, á automoción.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2018 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) impuxo multas a cinco empresas estibadoras e cinco sindicatos do sector que suman un importe total de 3,44 millóns de euros por obstaculizar a libre competencia nos labores de carga e descarga no Porto de Vigo (Pontevedra). En concreto, as firmas e os representantes dos traballadores acordaran impedir a carga e descarga de vehículos no porto a traballadores que non fosen estibadores, algo que vai en contra da actual lexislación.

Porto de Vigo. PUERTO DE VIGO
Porto de Vigo. PUERTO DE VIGO | Fonte: Europa Press

Bergé é a compañía que recibe a maior sanción, de 1,48 millóns de euros, de entre o cinco multadas. O resto son Terminais Marítimas de Vigo, sancionada con 700.000 euros, Pérez Torres Marítima (490.000 euros), Liñas Marítimas Españolas (199.276 euros) e Estibadora Galega (42.412 euros).

Así mesmo, UGT e CC.OO. son os sindicatos que afrontan a maior multa, de 170.000 euros cada un. A sociedade xestora de estibadores (sagep) de Vigo foi sancionado con outros 100.000 euros, a CIG con 70.000 euros, a CXT con 20.000 euros e Coordinadora, con 1.000 euros máis. As multas teñen a súa orixe no expediente que o 'superregulador' abriu tras recibir unha denuncia da Autoridade Portuaria de Vigo.

En virtude desta investigación, a CNMC detectou senllos acordos, subscritos en 2010 e 2013, entre a Autoridade Portuaria de Vigo, a 'sagep' deste porto e as empresas e sindicatos referidos que estima son "anticompetitivos" e constitúen unha "infracción moi grave". O órgano que preside José María Marín Queimada asegura que estes acordos non poden considerarse convenios colectivos, dado que non regulan condicións laborais, senón a organización interna das empresas estibadoras.

Así, a CNMC indica que por estes acordos impedíase ás empresas estibadoras decidir "de forma independente" sobre a súa organización interna e os traballadores que podían contratar para atender os servizos que prestaban no porto, en particular a carga e descarga de vehículos.

Temas: MULTA ESTIBA VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta