Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2018 | Actualizada ás 11:39
Cinco persoas resultaron feridas debido á caída dun falso teito no restaurante Recuncho Mariñeiro, situado no centro histórico de Baiona, ao redor da medianoite deste sábado. Segundo informaron fontes do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia, que recibiron o aviso ás 23,56 horas do sábado, tiveron que ser trasladados a centros sanitarios polas feridas sufridas tres mulleres, un home e un menor.
O local no que se produciu o accidente sitúase na rúa Ventura Misa, unha das vías peonís do centro histórico de Baiona. Até o lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais e efectivos da Policía Local.
O 061 precisou que ao centro hospitalario Povisa de Vigo trasladouse a dúas feridas, V.G.F., de 26 anos, e L.R.V., de 27, así como a un home, D.G.A., de 22. Os servizos sanitarios tamén evacuaron ao Hospital Álvaro Cunqueiro a unha muller, M.C.C., de 39 anos, e ao Hospital Fátima de Vigo, a un ferido, menor de idade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.