Temas: SERGAS A ESTRADA

O Sergas afirma que o falecido na PAC da Estrada sen atención médica sufría unha "enfermidade crónica avanzada"

O Servizo Galego de Saúde asegura que o persoal sanitario regresaba de realizar unha atención "urxente e grave" nun domicilio e indica que os profesionais chegaron aos dez minutos, despois de que o falecido fora atendido polo persoal de enfermería.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2018 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) afirmou que o home de 65 anos, J.M.B.B, falecido na tarde do sábado na PAC da Estrada sen atención médica sufría unha "enfermidade crónica avanzada". Así o explicou nun comunicado no que sinala que, no momento do suceso, o persoal sanitario regresaba de realizar unha atención "urxente e grave" nun domicilio, cuxo paciente tivo que ser posteriormente trasladado ao hospital.

Sala de espera do Sergas
Sala de espera do Sergas

E é que fontes presenciais relataron a falta de persoal médico neste centro desde as 17,00 até preto das 19,30 horas por saír a atender unha urxencia o equipo de garda. Respecto diso, o Sergas precisou que o persoal de servizos xerais que se atopaba no centro contactou co 061, que lle comunicou que o médico e a enfermeira da PAC chegarían nuns minutos.

"O paciente sofre un desmaio e é atendido por persoal de enfermaría da área sanitaria que se atopaba na sala de espera como paciente", apunta a Consellería de Sanidade, que indica que "aos 10 minutos chegan os profesionais sanitarios da PAC". Unha vez no punto, conforme sinalou Sanidade, o equipo médico continúa coas manobras de reanimación pero non consegue salvar a vida do home. A Xerencia da área Sanitaria de Santiago trasladou as súas condolencias aos familiares do falecido.

Temas: SERGAS A ESTRADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MariaConsolación56€@#8

K hay tan pocos médicos y personal k ni podemos explicar casi nuestro problema y ya procuramos ir lo menos posible por miedo a las malas caras y respuestas secas..aparte de meten muucha prisa..ya ni explicas.. Así k o refuerzan o no nos valen para nada!