Temas: PSDEG PP XUNTA IVE

O PSdeG critica a "estratexia de confusión" de Feijóo co IVE e pide que abandone a súa "rabieta infantil"

Gonzalo Caballero insiste en censurar o "cinismo" do presidente da Xunta, que considera "responsable" deste "problema.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2018 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, cargou contra a "estratexia de confusión" do presidente da Xunta sobre a liquidación do IVE, xa que lembra que o cambio legal que tivo lugar "aprobouno o Partido Popular". Por este motivo, cre que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é "responsable", xa que no seu día "aplaudiu" este "problema xerado polo PP".

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

Este xoves, 9 de agosto, Feijóo reunirase coa ministra de Facenda, María Jesús Montero, por este motivo. A Xunta sostén que o Goberno de Pedro Sánchez "queda" con 198 millóns de euros que lle corresponden a Galicia pola recadación do IVE, ao notificar o Ministerio de Facenda que a comunidade recibirá 11 e non 12 mensualidades da liquidación deste imposto.

Con todo, Facenda replica que esta situación se debe a un cambio normativo que aprobou o anterior Executivo do PP, en concreto o extitular do ministerio, Cristóbal Montoro. Sobre este extremo, Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "tentar confrontar", polo que lle pide que abandone "esa rabieta infantil", xa que no seu día mostrou a súa "complicidade" ao non oporse a esa decisión do Goberno de Mariano Rajoy.

Por este motivo, o socialista reprocha ao líder da Xunta o seu "cinismo" e insiste de tachalo de "salvapatrias", posto que no seu día "calou".

ACORDO "MULTILATERAL"

Respecto da reunión de Feijóo e Montero, Caballero remarca que calquera solución pasa por un acordo "multilateral" no modelo de financiamento no marco do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), debido a que "afecta o conxunto das comunidades", e Facenda xa trasladou que non se vai a resolver de forma "bilateral".

No tocante á afirmación de Feijóo de que esta era "a peor noticia económica da década", o socialista replica que "a peor noticia económica da década sería directamente Feijóo", "porque el é o responsable desde Galicia de apoiar e ser cómplice do cambio da forma de liquidar" o IVE.

POSTURA DE ASTURIAS E SOLUCIÓNS

Preguntado por que o presidente do Principado de Asturias, o socialista Javier Fernández, tamén pedise corrixir a liquidación do IVE, do mesmo xeito que Feijóo, Caballero sinala que ese é "unha formulación moi distinta", porque Asturias "entende que hai un problema xerado polo PP".

Así, incide na necesidade "de buscar resolucións dun problema creado polo PP de Rajoy e Feijóo", dado que os responsables autonómicos atópase "cunha situación de excepcionalidade para un determinado ano".

Caballero apunta que "hai un problema do financiamento froito do PP, hai un cambio legal que implica o que está a ocorrer", e hai que estudar se "hai algunha posibilidade legal" para "ver se parte deses fondos do IVE de finais de 2017 poden chegar aos orzamentos do ano que vén nun determinado prazo".

Temas: PSDEG PP XUNTA IVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta