Temas: CíES TURISMO VIGO

As autorizacións para visitar as Illas Cíes están esgotadas até o 24 de agosto

A venda total de billetes coincide coas polémicas datas do pasado ano, cando as navieiras venderon por enriba da capacidade permitida no Paque Nacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

As autorizacións obrigatorias para poder visitar as Illas Cíes que concede a Xunta de Galicia están esgotadas até o próximo 24 de agosto, segundo figura na páxina web na que se teñen que tramitar.

Praia De Rodas, Nas Illas Cíes. REMITIDO - Archivo
Praia De Rodas, Nas Illas Cíes. REMITIDO - Archivo | Fonte: Europa Press

O sistema de autorizacións a través da central de reservas habilitadas pola Xunta, no que se debe solicitar o permiso antes de comprar o billete ás navieras, foi habilitado en febreiro deste ano, co obxectivo de evitar as aglomeracións rexistradas con anterioridade.

A sobreventa de billetes por enriba da cota permitida para o arquipélago de Cíes —Parque Nacional— alcanzara o seu punto máis crítico a semana do 21 de agosto do pasado ano, cando quedaron en terra centos de persoas que adquiriran previamente a súa pasaxe.

O Parque Nacional denunciara a catro navieiras que conectan Vigo, Baiona e Cangas con Cíes por, supostamente, trasladar durante dúas xornadas a máis persoas das permitidas. Como consecuencia, a Xunta impuxo sancións por un total de 930.000 euros ás catro compañías.

Por mor disto, a Xunta estableceu unha reserva obrigatoria e individual para o acceso, e limitou o número de viaxes no verán, aínda que mantendo a cifra permitida de 2.000 persoas ao día.

Deste xeito, as viaxes autorizadas en época estival prolongaranse até setembro, ao que se engadirán as fins de semana e festivos de outubro.

Temas: CíES TURISMO VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta