Atopan sen vida o home de 81 anos desaparecido en San Sadurniño

Drons do 112, Garda Civil, Protección Civil, familiares e veciños participaron no operativo de procura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2018 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Ramón Veiga Díaz, o home de 81 anos que faltaba desde o pasado domingo do seu domicilio situado no lugar de Castiñeira, na parroquia de Igrexafeira, en San Sadurniño (A Coruña), foi achado sen vida.

Desaparecido.
Desaparecido.

O Concello de San Sadurniño agradeceu a todas as persoas que se envorcaron no rastrexo durante os últimos días e transmitiu o seu pésame á familia.

Fontes do operativo precisaron que o corpo sen vida do home foi atopado na tarde deste mércores nas inmediacións do domicilio.

En concreto, a familia denunciou a desaparición á Garda Civil, que puxo en marcha un dispositivo no que participaron, ademais dos axentes deste corpo, un equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), efectivos de Protección Civil de Narón, Miño e Pontedeume, así como familiares e veciños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta