Buscan a un veciño de Ferrol de 70 anos que falta do seu domicilio desde o martes

O home padece problemas de mobilidade e respiratorios

| 16/08/2018 | Actualizada ás 17:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un veciño de Ferrol, C.C.V., de 70 anos de idade, residente na rúa Concepción Arenal, en pleno barrio da Magdalena, atópase desaparecido desde a madrugada do pasado martes, 14 de agosto, momento no que os seus achegados o botaron en falta.

O home vive só, pero ten uns familiares residentes na vivenda superior á do desaparecido, e foron eles os que se decataron da súa ausencia.

Horas antes da súa desaparición o septuaxenario recibira asistencia médica no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) por un problema de tipo respiratorio, o cal lle obriga a ter que utilizar un respirador, que apareceu na vivenda e que motivou a primeira alerta dos seus achegados ante a súa posible desaparición.

Segundo apuntaron fontes familiares a Europa Press o home vestía unha camisa azul de cadros, un pantalón beige, sendo a súa complexión delgada e unha estatura de aproximadamente un metro e setenta centímetros. Ademais, tamén trasladaron que ten problemas de mobilidade.

Algunhas pistas situárono na noite deste mércores ao xoves no barrio ferrolán de Ferrol Vello, onde se asegurou que o viron paseando por algunhas das súas rúas, pero até o lugar desprazáronse familiares e axentes da Policía Local de Ferrol que non lograron dar co seu paradoiro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta