Catro feridos, entre eles un menor, nun choque frontal entre dous turismos no Alto do Cumial (Ourense)

(Este teletipo substitúe ao anterior por un erro na localización do accidente.)

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2018 | Actualizada ás 21:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Catro persoas, entre elas un menor, resultaron feridas nun choque frontal entre dous turismos que circulaban pola estrada vella de Seixalbo, no Alto do Cumial (Ourense).

Segundo informou o 112, o aviso deuno un particular, quen non podía asegurirar que se había xente atrapada pero si indicaba que vía como unha muller estaba sentada no interior dun dos vehículos.

Seguidamente, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) alertou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de San Cibrao. Ademais, informouse da situación aos axentes de Tráfico, aos membros do GES de Pereiro de Aguiar e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron ao persoal do 112 que non foi necesario excarcerar pero si axudaron a sacar a unha muller do interior dun dos vehículos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta