GC Aberto

VigoDenuncia precisa da túa participación !

Cremos no poder da palabra e da crítica contra as institucións que tentan acaparar todo o poder para elas e ningún para os cidadáns. Gostaríanos escoitar as voces de todas porque todas as voces contan e teñen algo que contar. A democracia non é un sistema perverso basado nas consultas electorias que se limitan a “contar xente”, se algo é unha democracia realmente existente é un sistema que permita escoitar e “contar coa xente” para mellorar a vida e facer realidade os nosos soños!

Por Gamela | GC ABERTO | 29/08/2018

Comparte esta noticia

VigoDenuncia leva 9 anos na rede tentando mostrar a realidade da Cidade Fermosa que outros ocultan tras campañas publicitarias pagadas con cartos públicos e subvencións ocultas a medios de comunicación locais (Faro de Vigo – Localia Vigo).

Logo de 9 anos enviando comunicados aos Plenos do Concello precisamos RENOVARNOS ou morrer de aburrimento. Non cremos na suposta eficacia das Redes Sociais pola seu carácter instantáneo que converte calquera denuncia en algo efímero.

Se enviamos esta mensaxe é porque vemos xurdir novos medios de comunicación (ligados a Galicia Confidencial) e pensamos que é un bo momento para aportar unha perspectiva complementaria dende Vigo. (Non é puro localismo, senon máis ben un berro xordo dende unha cidade difícil e complexa que nunca sae nos xornais agás polas liortas que monta o alcalde coa Xunta ou agora co Porto de Vigo ou no seu día coa cidade da Coruña ou Santiago).

Semella que todos os que vivimos en Vigo estiveramos enfrontados con medio mundo, e non é así, lamentablemente vivimos secuestrados pola falla de transparencia dun Concello populista e clientelar que cada día pecha máis o cerco informativo sobre os temas que lle interesa e dá as costas a calquera reivindicación cidadá veña de onde veña!.

Por iso consideramos que precisamos da participación de moitas máis persoas que queiran levantar a súa voz coma cidadáns libres e dicirlle aos políticos profesionais que non están aí para ningunear as necesidades da xente, senon xustamente para todo o contrario!.

Cremos no poder da palabra e da crítica contra as institucións que tentan acaparar todo o poder para elas e ningún para os cidadáns. Gostaríanos escoitar as voces de todas porque todas as voces contan e teñen algo que contar.

Non cremos que cheguemos moi lonxe retuiteando eslógans prefabricados por quén dí representarnos e cada día amosan estar máis lonxe da xente común (que somos todas!).

Só pretendemos DENUNCIAR as situacións indecentes que topamos día sí e día tamén na vida cotiá da xente. E como non temos intención algunha de converternos noutro chiringuito político subvencionado para traizoar as esperanzas da xente, usamos os medios e a tecnoloxía que nos permiten entrar no Pleno sen ser invitados con tarxeta de cartón...

Quén sabe se algún día os que ostentan a representación política e que poden mudar a realidade cotiá das nosas cidades cheguen a entender que eles tamén son xente común, e que deben dar -cando menos- unha explicación veraz do seu comportamento público.

Se queres botar unha man, se queres construir o futuro da túa cidade, se queres que a túa voz non desapareza no ciberespacio, aquí tes un lugar para soñar e compartir sen obrigas nin compromisos partidarios: a democracia é cousa de tódolos días!.

A democracia non é un sistema perverso basado nas consultas electorias que se limitan a “contar xente”, se algo é unha democracia realmente existente é un sistema que permita escoitar e “contar coa xente” para mellorar a vida e facer realidade os nosos soños!.

Cuestións técnicas:

Temos dous grupos en Flickr que permiten subir fotos e vídeos curtos, engadir comentarios e ligazóns para documentar mellor cada VigoDenuncia.

Avenida de Gran Vía, en Vigo
Avenida de Gran Vía, en Vigo | Fonte: change.org

VigoDenuncia

VigoDenuncia Histórico



O segundo é un mero arquivo histórico ben do que xa non existe ben do que xa non é doado reverter (este grupo foi creado en 2014 coa intención de non misturar temas antigos e outros -os menos- que foron felizmente solucionados).

A dinámica é sinxela: basta abrir unha conta en Flickr e unirte ao grupo VigoDenuncia.

As fotos e vídeos pódelas subir directamente ao grupo VigoDenuncia.

No lugar “Discusións” podes abrir o tema que queiras e facer a túa aportación ao borrador para que figure no comunicado que enviamos mensualmente ao Pleno do Concello (normalmente celébrase o último mércores de cada mes)

Un par de días antes do Pleno enviamos o comunicado definitivo á alcaldía e aos 27 concelleiros/as que sentan na Corporación Local.

Se habitas en Vigo e queres construir unha cidade decente para vivir, estás invitada...!

Precisamos renovar o discurso !


Nota:

dende hai algún tempo publicamos os comunicados remitidos ao Pleno do Concello no xornal dixital local NoticiasVigo (que nos deu a oportunidade de espallar este proxecto entre os seus lectores)

Agardamos que o novo Xornal de Vigo e Comarcas (ligado a GC) abra un espazo similar a GCAberto para publicar estas opinións no futuro.

Se fose posible, gostaríanos contar cunha sección similar no Galicia Confidencial para darlle unha maior visibilidade á realidade cotiá desta “cidade fermosa”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Publicado un borrador de comunicado ao Pleno do Concello (de outubro) https://www.flickr.com/groups/vigod... Admítense emendas, melloras e novas ideas...

1 Gamela

Aquí tedes os últimos dez comunicados de VigoDenuncia remitidos ao Pleno do Concello http://www.noticiasvigo.es/seccion/...