Inspección de Traballo cita a Medio Ambiente pola denuncia de axentes forestais e ambientais

A Consellería de Medio Ambiente terá que comparecer este mércores, día 29, ás 09,30 horas, por supostos incumprimentos en materia de protección e seguridade, segundo informa a CIG.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/08/2018 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A representación desta central sindical e de UGT no colectivo de axentes forestais e ambientais presentou denuncias no catro delegacións provinciais da Inspección de Traballo contra a Consellería de Medio Ambiente por supostos incumprimentos en ambas as materias.

Beatriz Mato conselleira de Medio Ambiente
Beatriz Mato conselleira de Medio Ambiente

En concreto, reclaman á autoridade laboral que corrixa "canto antes" as "graves deficiencias" detectadas e que esixa ao departamento autonómico o cumprimento da normativa.

Segundo informa a CIG, na súa citación, a Inspección requírelle ao departamento autonómico que achegue "a relación de axentes forestais e ambientais asignados ao servizo de Protección da Natureza na provincia da Coruña e a avaliación de riscos e a planificación da acción preventiva no posto de traballo".

Tamén pide "documentación sobre a información impartida ao persoal, a entrega dos equipos de protección individualizados (EPIs) ou dos protocolos aplicados". Na comparecencia tamén estarán presentes os membros do comité de seguridade e saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta